Massachusetts

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Massachusets")
Massachusetts
Commonwealth of Massachusetts
Bandeira de Massachusetts Selo de Massachusetts
Bandeira Selo
Lema: Bay State (Estado da Baía)
Mapa dos EUA coa Massachusetts en destaque
Outros Estados dos EUA
Datos xerais
Capital Boston
Maior cidade Boston
Gobernador Deval Patrick (D)
Lingua oficial: Inglés
Área 27.360 km² (44)
 - Terra 20.306 km²
 - Auga 7.031 km² (13,3%)
Poboación (2000)
 - Poboación 6.349.097 (13)
 - Densidade 312,68 /km² (3)
Entrada na Unión
 - Data 6 de febreiro de 1788
 - Orde
Xeografía
Fuso horario Atlántico: UTC-5/-4
Latitude 41°10'N a 42°53'N
Lonxitude 68°57'O a 73°30'O
Largo N-S 182 km
Ancho E-O 295 km
Altitude
 - Altitude media 150 m
 - Máis elevado 1.064 m
 - Menos elevado 0 m
Códigos e abreviacións
 - USPS MA
 - ISO 3166-2 US-MA
Sitio web
massachusetts.gov

A Commonwealth de Massachusetts (en inglés, Commonwealth of Massachusetts) é un dos 50 estados do Estados Unidos da América. Localizase ó nordés do país, a uns cantos quilómetros da fronteira con Canadá, en América do Norte. Massachusetts é o sexto menor estado dos Estados Unidos. A pesar do seu pequeno tamaño, Massachusetts é o décimo terceiro en poboación. O seu nome provén dunha voz indíxena local que significa "lugar do monte grande" e historicamente formou parte das 13 colonias orixinais que se rebelaron contra do Reino Unido na Guerra de Independencia dos Estados Unidos.

Massachusetts é o centro económico, cultural e educacional da Nova Inglaterra. É tamén o estado máis populoso da rexión, con aproximadamente a metade de toda a poboación da Nova Inglaterra. A capital e a maior cidade é Boston. Boston é a capital financeira, de transportes e educacional do estado e da Nova Inglaterra. O seu gobernador é Deval Patrick, e os seus membros do senado son Ted Kennedy e John Kerry.

A rexión onde está localizado o estado foi unha das primeiras en ser colonizada polos británicos. A provincia colonial de Massachusetts foi fundada en 1620. Apenas a provincia colonial de Virxinia foi fundada antes. Massachusetts é famoso no país polo seu pioneirismo en diversas áreas. O primeiro xornal foi publicado en Massachusetts, e a primeira biblioteca pública tamén. A primeira institución americana de educación superior foi fundada en 1636 en Massachusetts. Posteriormente, o estado construiría as primeiras escolas públicas de ensino de segundo grao no país, durante a década de 1820.

Massachusetts foi unha das trece colonias británicas que se rebelaron contra o dominio británico en 1775, na Revolución Americana de 1776. Varios eventos que levaron ao inicio da guerra ocorreron en Massachusetts. As primeiras batallas da guerra tamén ocorreron en Massachusetts. O 6 de febreiro de 1788, o Massachusetts ratificou a constitución americana, tornándose así o sexto estado dos Estados Unidos da América.

O nome do estado vén da tribo indíxena masachusett. Os masachusett eran unha tribo indíxena pertecente á familia dos algonquinos. Masachusett significa no idioma algonquino Próximo á grande montaña, unha referencia ao Great Blue Hill, unha montaña localizada ao sur de Boston.

O alcume máis coñecido do Massachusetts é The Bay State. A orixe vén da localización do primeiro asentamento permanente fundado en Massachusetts, ás marxes da Baía de Massachusetts. O xentilicio é Bay Staters. Outros nomes menos usados son The Old Colony State, The Puritan State e The Baked Bean State.

O estado é famoso internacionalmente pola calidade das suas universidades privadas, entre as cales salientan a Universidade Harvard e mailo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts, así como os numerosos Colleges como Wellesley College. Tamén é coñecido polos sitios de veraneo con dotes naturais e dotacións turísticas. Esta cualidade non é privativa do seu Cape Cod famoso, senón de moitos outros lugares de Nova Inglaterra.

Tamén é coñecido por ser o único estado do país en permitir o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, a raíz dunha sentenza do Tribunal Supremo do estado.

Historia[editar | editar a fonte]

Ata 1691[editar | editar a fonte]

Nativos indíxenas xa vivían na rexión hai máis de 10 mil anos atrás. Diversas tribos indíxenas, todas da familia indíxena algonquina, habitaban a rexión cando chegaron os primeiros europeos, a comezos do século XVII. Estímase que a poboación de amerindios entón era de aproximadamente entre 25 a 40 mil. Porén, as doenzas contaxiosas traídas polos europeos - provocada por microbios dos cales o sistema inmunolóxico dos indíxenas nunca entrara anteriormente en contacto - decimaron a poboación indíxena. Nun século, ata a década de 1620, a poboación amerindia caera a apenas 7 mil indíxenas.

En 1602, o británico Bartholomew Gosnold desembarcou en Cape Cod, localizado no extremo oriente do estado. Considérase que este cabo foi nomeado así por Gosnold. O francés Samuel de Champlain mapeou o litoral da Nova Inglaterra ao longo de 1605 e de 1606, tamén mapeando o litoral do actual Massachusetts. En 1614, o capitán británico John Smith fixo un mapeamento máis extensivo do litoral do Massachusetts.

Os puritanos, membros da Igrexa Anglicana da Inglaterra, querían reformas inmediatas á Igrexa, presionando por tales reformas ao longo do século XVI. Estes puritanos pasaron a ser discriminados no Reino Unido. Varios deles romperon totalmente coa Igrexa. Estes pasaron a ser chamados de separatistas, sendo altamente discriminados no Reino Unido pola poboación anglicana. Despois das numerosas exploracións europeas no continente americano no inicio do século XVII, estes puritanos pasaron a considerar a idea de fundar unha colonia no Novo Continente. En 16 de setembro de 1620, 102 británicos, dos cales 41 eran puritanos, embarcaron no barco Mayflower. Eles ancoraron en Cape Rod en 11 de novembro. Os 102 asentadores decidiron criar un plano de administración antes de fundar oficialmente un asentamento permanente. Este plano é coñecido como The Mayflower Compact. En decembro, os 102 asentadores fundaron oficialmente Plymouth, o segundo asentamento británico permanente nas Américas.

Os habitantes de Plymouth sofreron moito no primeiro inverno na rexión. Alimentos - obtidos a través da caza - eran insuficientes, as casas eran precarias e as roupas dos colonos - que non tiñan idea do rigoroso clima da rexión no inverno - non protexían adecuadamente os colonos do frío intenso da rexión. Aproximadamente metade dos colonos morreron. Durante a primavera, xa en 1621, os colonos de Plymouth estableceron relacións amistosas cos nativos indíxenas da rexión. Estes amerindios ensinaron os colonos a cultivaren e estucaren soia e millo e a facer uso da pel dos animais cazados como materia-prima de roupas adecuadas ao inverno. Os colonos tamén construíran casas máis resistentes. Estes colonos enfrontaron con suceso o inverno de 1621 - 1622. Estes colonos, para celebrar o feito, criaron unha festa anual que actualmente constitúe a Semana de Acción de Grazas.

As noticias do éxito do asentamento de Plymouth atraeron máis británicos - a maioría puritanos. Outros asentamentos foron fundados próximos ao asentamento de Plymouth. Estes numerosos asentamentos tiñan a súa capital en Plymouth. En 1640, a Colonia de Plymouth tiña 8 asentamentos e máis de 2500 habitantes.

En 1628, a Compañía da Baía de Massachusetts, unha compañía británica enviou un grupos de puritanos á Baía de Massachusetts. En 1629, a provincia colonial de Massachusetts Bay Colony foi oficialmente criada polo goberno británico, dando á esta compañía o dereito de asentar, colonizar e administrar a rexión. En 1630, John Winthrop, xuntamente con outros mil asentadores, fundaron un asentamento que tornaríase despois a cidade de Boston. A colonia da Baía de Massachusetts prosperou economicamente, a través do cultivo de tabaco. En 1640, a colonia tiña máis de 10 mil habitantes. En 1641, a colonia da Baía de Massachusetts anotou unha constitución rudimentaria e unha forma democrática de goberno. Porén, a colonia prohibiu a práctica de calquera relixión a non ser o puritanismo. Varios colonos mudáronse en dirección a outras colonias xa estabelecidas, como Maryland e Virxinia. Estes colonos, en busca de liberdade relixiosa, fundaron Connecticut en 1635, Rhode Island en 1636, New Hampshire en 1638 e Maine en 1680. Todas estas rexións facían parte da colonia da Baía de Massachusetts. Porén, Connecticut e Rhode Island tornáronse colonias separadas en 1637.

En 1675, a tribo algonquina wampanoag iniciou guerra contra as colonias británicas de Plymouth e da Baía de Massachusetts. Esta tribo era liderada por Metacomet, que consideraba que os colonos irían cedo ou tarde exterminar os indíxenas e ocupar as súas terras. O pai de Metacon, Masasoit - que era líder dos wampanoag ata a súa morte, cando foi sucedido polo seu fillo - tivera relacións amistosas cos colonos de Plymouth desde a primavera de 1621. A guerra perdurou por un ano ata que un amerindio, loitando do lado dos colonos, matou a Metacon. A guerra matara entón centenas de persoas, incluíndo mulleres e nenos, en ambos os lados.

En 1680, o goberno británico criou a provincia colonial de Nova Hampshire, a través da secesión do norte da colonia da Baía de Massachusetts.

A colonia da Baía de Massachusetts comercializaba abertamente con varios países. Porén, O Reino Unido consideraba que o único país con quen todas as colonias británicas tiñan o dereito de comercializar era coa metrópole, o Reino Unido. A colonia da Baía de Massachusetts tamén non era excepción. Por diversas veces, o Reino Unido tentou monopolizar o comercio entre a Baía de Massachusetts e outros países. Porén, o comercio entre a colonia británica e outros países continuou. Como represalia, a Compañía da Baía de Massachusetts perdeu o dereito de gobernar a colonia da Baía de Massachusetts, en 1684, que foi entón ocupada por tropas británicas, e pasou a ser gobernada directamente polo Reino Unido, xuntamente con outras colonias da Nova Inglaterra.

En 1689, os habitantes de Massachusetts depuxeron o gobernador da colonia - Edmund Andros, que fora escollido polo Rei James II da Inglaterra, deposto en 1688. O Rei William de Orange e a súa esposa, María, en 1691, criaron a provincia colonial de Massachusetts. A provincia colonial de Plymouth foi fundido ao que era anteriormente a provincia colonial da Baía de Massachusetts, criando unha única provincia colonial de Massachusetts, que era gobernada por un Tenente-Gobernador, un enviado da coroa británica.

1691 - 1788[editar | editar a fonte]

Massachusetts participou activamente da primeira guerra franco-indiana, que iniciarase en 1689 e prorrogarase ata 1713, entre colonos da Nova Francia e da Nova Inglaterra. Despois do fin da guerra, a economía do Massachusetts pasou a prosperar, a través do cultivo de tabaco, soia, e millo. Foron fundadas varias cidades. A segunda guerra franco-indiana tivo inicio en 1740. Novamente, o estado participou activamente, enviando tropas. A guerra tivo fin en 1763, coa vitoria definitiva dos británicos.

As diversas guerras franco-indianas deixaron o Reino Unido cunha débeda de máis de 136 mil libras esterlinas. Para tentar pagar as débedas, o goberno británico instituiu varios impostos nas trece colonias. Estas leis foron ignoradas en Massachusetts. A Stamp Act of 1765, un imposto que se aplicaba a todos os documentos, trocas comerciais e xornais nas 13 colonias, levando a grandes protestas en Massachusetts. Entón, ningunha das 13 colonias dispuña de representación no Parlamento do Reino Unido. No taxation without representation (Non aos impostos sen representación) tornouse un grito de guerra da poboación do estado. Nunha manifestación, os colonos enforcaron a un cobrador de impostos británicos, e queimaron a súa casa. Noutra manifestación, destruíron a casa do Tenente Gobernador do Massachusetts.

Imaxe dos colonos destruíndo o té británico importado da China, no porto de Boston.

En 1770, nunha destas manifestacións, tropas británicas mataron diversos colonos. Este incidente, coñecido como "O Masacre de Boston", revolveu aos colonos en todas as 13 colonias británicas. John Hancock, de Boston, liderou un boicot de vendido pola Compañía Británica das Indias Orientais. En 16 de decembro de 1773, preto de 60 colonos, vestidos como amerindios mohawks, destruíron 342 caixas de té en barcos británicos ancorados no porto de Boston, botando todo o contido na Baía de Boston, no evento que ficou coñecido como a Festa do Té. Os británicos ordenaron a prisión dos 60 colonos, do pagamento da debida indemnización e o peche do porto de Boston, que pasou a ser ocupada por forzas británicas.

En 18 de abril de 1775, tropas británicas marcharon en dirección á Concord, para confiscar os depósitos de armas e municións da cidade. Os colonos americanos, sabendo do feito, conseguiron chegar antes dos británicos e avisar aos colonos. No día seguinte, os colonos da cidade enfrontarían cos británicos en Lexington, na primeira batalla da Revolución Americana de 1776. A guerra pola independencia comezara.

Diversas batallas ocorreron en Massachusetts, a maior parte antes de 1777. Massachusetts participou activamente no envío de tropas e na fabricación de armas e materiais. En 1783, a guerra tivo fin. En 6 de febreiro de 1788, o Massachusetts tornouse o sexto estado dos Estados Unidos da América, ao ratificar a constitución americana.

1788 - 1900[editar | editar a fonte]

En 1820, o goberno americano creou o estado de Maine, secedendo a sección nordeste do Massachusetts, que adquiriu entón os seus actuais limites territoriais.

O estado industrializouse axiña durante as primeiras décadas do século XIX. En 1814, Francis Cabot Lowell inaugurou unha das primeiras fábricas de manufacturación de tecidos do Estados Unidos, o que levou á construción de diversas outras fábricas semellantes polo estado. Encanto isto, os facendeiros do estado sufrían dos baixos prezos cobrados polos seus produtos e con débedas que se acumulaban. Moitos deles abandonaron o campo e marcharon ás cidades.

Durante a década de 1840, instalaranse no estado un gran número de inmigrantes irlandeses. Moitos deles conseguiron empregos en fábricas, por seren fonte de man de obra barata, substituíndo así varios americanos nativos do país. Xurdiron roces entre os inmigrantes irlandeses e os nativos.

O estado participou activamente durante a Guerra Civil Americana, loitando do lado da Unión, os Estados Unidos propiamente dito, contra os Estados Confederados de América. A maior parte da poboación era abolicionista, tanto que no censo americano de 1790, o estado non tiña un só escravo. O estado enviou aproximadamente 145 mil soldados á guerra, e foi a maior fabricante de navíos militares da Unión ao longo da guerra.

Despois da guerra, a industria de manufacturación do Massachusetts diversificouse. O estado pasou a ser tamén un grande fabricador de produtos de metal e de calzados. Millares de inmigrantes instalaranse no estado.

1900 - Tempos actuais[editar | editar a fonte]

Imaxe da folga da Lawrence Textile, unha folga de traballadores industriais inmigrantes.

As pésimas condicións de vida dos traballadores das industrias do Massachusetts - como no resto do país - levaron a diversas folgas no estado. A máis famosa delas ocorreu en 1912, que atraeu atención nacional ao problema, e forzando o goberno americano a instituír diversas leis de traballo.

O Estados Unidos entraron na primeira guerra mundial en 1917. O primeiro rexemento militar americano a chegar á fronte de batalla era un rexemento do Massachusetts. Durante a guerra, as taxas de inflación no estado creceron drasticamente, isto é, prezos dos produtos crecían máis do que os salarios dos traballadores. Diversos líderes sindicalistas pasaron a exixir maiores salarios, mais case sempre estas exixencias non eran atendidas. En 1919, o 75% do corpo policial de Boston entrou en folga. O entón gobernador do estado, Calvin Coolidge, ordenou que a National Guard do Massachusetts acabase coa folga.

En 1929 comezou a Gran Depresión. A economía do estado sufriu de altas taxas de desemprego. O Massachusetts foi o primeiro estado a instituír axuda social aos desempregados no Estados Unidos. A economía do Massachusetts recuperaríase co inicio da segunda guerra mundial, onde o estado fabricou grande cantidades de armas e outros materiais.

Despois do fin da guerra, a economía do Massachusetts pasou a diversificarse. As industrias téxtiles e de calzados moveranse en dirección aos estados do Sur, en canto que a industria aeroespacial e de electrónicos pasou a ter maior importancia na economía do estado. O primeiro submarino nuclear americano foi construído no estado.

Massachusetts posuía leis que segregaban brancos de afroamericanos. Porén, estas leis foron gradualmente abolidas polo goberno do estado. En 1957, o estado acabou coa lei que segregaba edificios públicos. En 1963, a segregación pasou a ser prohibida en todas as residencias. Porén, ata a década de 1970 as escolas do estado non foron desegregadas, e nesa data fórono por orde do Tribunal Supremo dos Estados Unidos.

A economía do estado continuou a diversificarse durante as últimas décadas do século XX. O estado tornouse un gran centro financeiro, militar e industrial. O turismo pasou a gañar maior importancia a partir da década de 1980. En 1991, Boston, con apoio financeiro do estado de Massachusetts, comezou a reformar o seu sistema de autoestradas. En 2003, estas reformas foron concluídas, ao gasto de máis de 15.000 millóns de dólares, 3 veces máis do que o previsto.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa do Massachusetts e dos seus 14 condados.

O Massachusetts limitase ao norte con Nova Hampshire e Vermont, a oeste co Estado de Nova York, ao sur con Connecticut e Rhode Island, e a leste co Océano Atlántico. O Massachusetts é coñecido como The Bay State por causa de varias grandes baías e reentrancias que dan ao litoral do estado seu formato característico: A Baía de Cape Cod e a Baía de Massachusetts no litoral leste do estado e a Baía Buzzards no sur. O litoral do estado xunto ao Océano Atlántico posúe 309 quilómetros de extensión. Contándose o litoral de baías e de illas, a extensión do litoral sobe para aproximadamente 2.4 mil quilómetros.

O Massachusetts posúe máis de 6.8 mil quilómetros de ríos. Dos ríos que cortan o estado, o máis importante é o Río Connecticut. O estado tamén posúe máis de 1,300 lagos, incluíndo os artificialmente criados. Un cuarto destes lagos fornecen auga potábel para cidades e vilarexos próximos. Os dous maiores lagos do estado son encoros artificialmente criados, o maior deles con 101 quilómetros cadrados.

O leste do Massachusetts é marcado pola Cape Cod, que xa fora anteriormente unha península, mais que actualmente é unha illa artificial, debido á construción dun canal. Ao sur da Cape Cod localizase un arquipélago, cuxas maiores illas son as illas Martha's Vineyard e Nantucket. Aproximadamente 55% do Massachusetts é coberto por florestas.

O Massachusetts pode ser dividido en 6 distintas rexións:

  • As Montañas Taconicas localizase no extremo occidente do Massachusetts, e estendese ata Vermont. É unha estreita cadea de montañas, que non posúe máis do que 10 quilómetros de largura. Caracterizase pola súa alta altitude, con picos de ata 763 metros de altitude.
  • O Vale de Berkshire é un estreito vale, non posuíndo máis do que 15 quilómetros de largura, localizado a leste das Montañas Taconicas. En comparación ás rexións que a cercan, posúe baixa altitudes. Tamén posúe un solo fértil. Este vale teñen inicio logo ao sur do estado e estendese ata Connecticut.
Mount Greylock
  • A leste do Vale de Berkshire localizase os Planaltos Occidentais da Nova Inglaterra. Estes planaltos esténdense ata Vermont e Connecticut. Posúe altas altitudes, con varios picos de máis de 600 metros de altitude. O punto máis alto do Massachusetts, o Mount Greylock, con 1,064 metros de altitude, localizase nesta rexión. O terreo desta rexión é bastante accidentado.
  • As Planicies do Vale do Río Connecticut localízanse a leste dos Planaltos Occidentais. Ten inicio no norte do Massachusetts e esténdense ata Connecticut. Posúe aproximadamente 30 quilómetros de largura, e é caracterizada polo seu solo fértil e pola súa altitude relativamente baixa.
  • Os Planaltos Orientais da Nova Inglaterra están localizados a leste do Vale do Río Connecticut. No norte do Massachusetts, os Planaltos Orientais fan limite cos Planaltos Occidentais da Nova Inglaterra. Posúe altitudes máis altas do que os vales e as planicies que a cercan, porén, máis baixas do que os Planaltos Occidentais, con altitude media de 300 metros, con algúns picos chegando a superar os 600 metros.
  • As Planicies do Litoral localízanse ao longo do litoral do Massachusetts xunto ao Océano Atlántico. Posúe as altitudes máis baixas do estado, e os solos máis fértiles do Massachusetts.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima da Massachusetts é temperado, con catro distintas estacións, con verán quentes, e invernos fríos. Durante o inverno, a temperatura media abaixa á medida en que se viaxa en dirección ao oeste, onde as altitudes son máis altas. No verán, as maiores temperaturas son rexistradas ao longo do litoral do Océano Atlántico e do suroeste do estado.

A temperatura media do Massachusetts no inverno é de 0 °C no leste do estado, -2.5 °C no centro e de -7 °C no oeste. No inverno, a media das mínimas é de -5 °C no leste e de -13 °C no oeste. Mínimas varían entre -35 °C e 8 °C en calquera parte do estado. A media das máximas é de 3 °C no leste e de -2 °C no oeste, variando entre -28 °C e 15 °C en calquera parte do estado. A temperatura máis baixa xa rexistrada no estado é de -37 °C, en Chester, en 12 de xaneiro de 1812.

A temperatura media, no verán, é de 25 °C ao longo do litoral do Océano Atlántico e no suroeste do Massachusetts. A media das mínimas é de 12 °C no oeste e de 18 °C no leste, variando entre 8 °C e 25 °C en calquera parte do estado. A media das máximas é de 26 °C, variando entre 20 °C e 35 °C en calquera parte do estado. A temperatura máis alta xa rexistrada no Massachusetts é de 42 °C, rexistrada en 2 de agosto de 1975, en Chester.

A precipitación media anual (choiva e sarabia) é de 114 centímetros, e levemente maior no interior do que ao longo do litoral. A precipitación media anual de neve varía entre 107 centímetros no litoral a 107 centímetros no interior do Massachusetts.

Política[editar | editar a fonte]

A Casa de Estado do Massachusetts.

A actual Constitución do Massachusetts adoptouse en 1780. É a constitución máis antiga dun estado americano aínda en vigor. Emendas á constitución son propostas polo Poder Lexislativo do Massachusetts, e para ser aprobada, precisa recibir ao menos 51% do Senado e da Casa dos Representantes do estado, e entón dous terzos dos votos da poboación electoral do Massachusetts. A poboación do estado tamén pode propor emendas á Constitución a través da coleta dun certo número de sinaturas. Cando estas sinaturas se aceptan polo goberno, para ser aprobada, precisa recibir aprobación de ao menos un cuarto dos membros de ambas as cámaras do Poder Lexislativo do Massachusetts, e entón ao menos 51% dos votos da poboación electoral. Emendas tamén poden ser propostas e introducidas por convencións constitucionais, que precisan recibir ao menos 51% dos votos de ambas as cámaras do Poder Lexislativo e dous terzos dos votos da poboación electoral.

O principal oficial do Poder Executivo no Massachusetts é o gobernador. Este é electo polos electores do estado para mandatos de ata 4 anos de duración. Unha persoa pode ser electa cantas veces quixer para o cargo de gobernador. Os oficiais que son escollidos polo gobernador - tesoureiro, commonwealth (secretario de estado), entre outros, tamén serven en termos de no máximo 4 anos. Como o gobernador, poden ser escollidos cantas veces quixeren. O gobernador é auxiliado por un gabinete de seis membros, todos escollidos polo gobernador.

O Poder Lexislativo do estado consiste polo Senado e pola Casa dos Representantes. O Senado posúe un total de 40 membros, encanto que a Casa dos Representantes posúe un total de 160 membros. O Massachusetts está dividido en 40 distritos senatoriais e 160 distritos representativos. Os electores de cada distrito elixe un senador/representante, que irá representar tal distrito no Senado/Casa dos Representantes. O termo dos senadores é de 4 anos e o termo dos representantes é de 2 anos.

O tribunal máis alto do Poder Xudicial do Massachusetts é o Tribunal Supremo do Massachusetts. Todos os xuíces do Poder Xudicial son escollidos polo gobernador do estado, cuxo termo expira cando alcanzan 70 anos de idade.

O Massachusetts está dividido en 14 condados, 50 cidades e 304 municipalidades. Máis da metade do orzamento do estado vén de impostos estadais. O resto vén de verbas recibidas do goberno nacional. O termo oficial do estado é Commonwealth of Massachusetts, e non State of Massachusetts, aínda que ambos os formatos sexan amplamente usados polos medios de comunicación. O Massachusetts é un dos catro estados americanos a usar o termo Commonwealth, os outros tres son Kentucky, Pensilvania e Virxinia.

Demografía[editar | editar a fonte]

Crecemento populacional do Massachusetts
Ano Habitantes
1790 378,787
1800 422,845
1810 472,040
1820 523,287
1830 610,408
1840 737,699
1850 944,514
1860 1,231,066
1870 1,457,351
1880 1,783,085
1890 2,238,947
Ano Habitantes
1900 2,805,346
1910 3,366,416
1920 3,852,356
1930 4,249,614
1940 4,316,721
1950 4,690,514
1960 5,148,578
1970 5,689,170
1980 5,737,081
1990 6,016,425
2000 6,349,097

De acordo co censo nacional de 2000, a poboación do Massachusetts en 2000 era de 6,349,097 habitantes. Unha estimativa realizada en 2004 aumenta este número para 6,416,505. O 13.7% non naceron nos Estados Unidos. Os maiores grupos de inmigrantes do estado son canadenses, chineses, portugueses e caribeños. Entre 1990 e 2000, a poboación do estado creceu en torno ao 5%; entre 1990 e 2004, 6.7%.

Etnias[editar | editar a fonte]

As cinco maiores etnias do estado son irlandeses (que forman 22.5% da poboación do estado), italianos (13.5%) ingleses (11.4%), franceses (8%) e alemáns (5.9%).

Relixión[editar | editar a fonte]

Aínda que o Massachusetts fora inicialmente fundada e colonizada por puritanos separatistas ao longo do século XVII, e continuou sendo un estado maioritamente protestante ao longo da súa historia, máis recentemente o Massachusetts tornouse o segundo maior estado católico en porcentaxe de todo o Estados Unidos, atrás somente de Rhode Island. Isto debese á inmigración en masa de inmigrantes primariamente católicos tales como irlandeses, italianos, portugueses, quebequenses e puerto riqueños. Actualmente, aproximadamente metade dos habitantes do Massachusetts son relixiosos da Igrexa Católica Romana, e os protestantes compñen menos dun terzo da poboación do estado.

Porcentaxe da poboación do Massachusetts por relixión

Principais cidades[editar | editar a fonte]

Cerca de 91% da poboación do Massachusetts vive en cidades, e máis de 94% da poboación do estado viven en rexións metropolitanas.

Economía[editar | editar a fonte]

O produto interno bruto do Massachusetts foi de 297.000 millóns de dólares. A renda per capita do estado, pola súa vez, foi de 39,504 dólares, o cuarto maior do país.

O sector primario responde por 1% do PIB do Massachusetts. O estado posúe 6 mil facendas, que ocupan case o 11% do estado. A agricultura e a gandería responden xuntas por 0.9% do PIB, e empregan aproximadamente 151 mil persoas. Leite e cereixas son os principais produtos producidos pola agropecuaria do Massachusetts, que produce máis de 25% de todas as cereixas consumidas no país. A pesca e a industria madeireira responden xuntas por 0.1% do PIB e empregan aproximadamente 3 mil persoas.

O sector secundario representa o 17% do PIB. O valor total dos produtos fabricados no estado é de 49.000 millóns de dólares. Os principais produtos industrializados fabricados no estado son computadores, produtos electrónicos, produtos de metais, produtos químicos, alimentos e material médico e escolar. A industria de manufactura responde por 15% do PIB, empregando a aproximadamente 450 mil persoas. A industria de construción responde por 3.9% do PIB e emprega aproximadamente 236 mil persoas. A minaría responde por 0.1% do PIB, empregando preto de 2 mil persoas.

O sector terciario responde por 82% do PIB do Massachusetts. Cerca de 28% do PIB do estado vén de servizos comunitarios, persoais e comerciais. Este sector emprega máis de 1.6 millóns de persoas. O estado é un gran polo educativo e médico. O Massachusetts é tamén un gran pólo financeiro. Finanzas representan máis do 24% do PIB, empregando aproximadamente 350 mil persoas. O comercio por atacado e varexo representa o 15% do PIB, e emprega aproximadamente 850 mil persoas. Servizos gobernamentais representan o9% do PIB, empregando aproximadamente 460 mil persoas. Transportes e telecomunicacións empregan 130 mil persoas, e representan o4% do PIB.

Educación[editar | editar a fonte]

A primeira escola do Massachusetts foi fundada en 1635 polos puritanos. Esta escola foi a primeira escola de segundo grao (high school) dos Estados Unidos. En 1647, a Compañía da Baía de Massachusetts instituiu unha lei que ordenaba a todos os asentamentos con máis de 50 familias a construción de ao menos unha escola pública primaria (elementary school). Tales escolas serían mantidas polo goberno da colonia. Esta acción da compañía é o primeiro caso rexistrado na historia da educación, onde o goberno responsabilizábase pola educación das nenos.

En 1852, o xa estado de Massachusetts obrigou que todas as nenos pasasen a frecuentar a escola, sendo o primeiro estado americano a facer isto. Actualmente, todas as nenos entre 6 e 15 anos de idade precisan frecuentar a escola. En tempos actuais, regras e padróns no sistema de escolas públicas do Massachusetts son instituídos polo Departamento de Educación do Massachusetts. O sistema de escolas públicas do Massachusetts é considerado o segundo mellor do país. O estado tamén posúe varias das mellores escolas particulares do país. Este sistema, pola súa vez, está dividido en varios distritos escolares, administrados pola cidade ou condado onde elas operan. Todas as nenos entre 6 a 16 anos de idade precisan frecuentar a escola. Os sistemas escolares públicos do Massachusetts son fondeados a través de impostos cobrados por estes sistemas escolares e por verbas recibidas do goberno estadal.

A primeira biblioteca en territorio americano foi inaugurada en 1638, na Faculdade de Havard, actualmente a Universidade Harvard. Esta biblioteca é actualmente a maior biblioteca universitaria do mundo, con máis de 14 millóns de ítems. O estado posúe actualmente aproximadamente 460 bibliotecas públicas.

O Massachusetts posúe máis de 70 universidades e faculdades, e dispón de varias das máis mellores e máis renomeadas institucións de ensino superior do mundo. Entre elas, destacan a Universidade Harvard e a Massachusetts Institute of Technology.

Transportes e telecomunicacións[editar | editar a fonte]

O estado posúe aproximadamente 60 mil quilómetros de estradas e autoestradas. Boston é o maior centro portuario e aeroportuario da Nova Inglaterra. O Aeroporto Internacional de Boston é o de maior movementos do estado, e un dos maiores do mundo.

O primeiro libro publicado nas trece colonias foi impreso e publicado en 1640. O xornal máis antigo dos Estados Unidos aínda en actividade - a Boston Newsletter - foi fundada en 1704. Cerca de 300 xornais son publicados no estado, deles, 45 son diarios. O estado posúe preto de 120 emisoras de radio e 20 emisoras de televisión.

Notas[editar | editar a fonte]

(en inglés)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Massachusetts