Massasoit
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1580 (Gregoriano) |
Morte | 1662 (81/82 anos) |
Actividade | |
Ocupación | Xefe tribal |
Familia | |
Fillos | Metacomet (pt) , Amie (en) |
Massasoit Sachem (/ˌmæsəˈsɔɪ(ɪ)t/)[1][2] ou Ousamequin (c. 1581 - 1661)[3] foi o sachem ou dirixente da confederación wampanoag. Massasoit quere dicir Gran Sachem.[4] O pobo de Massasoit foi seriamente debilitado por unha serie de epidemias e era vulnerable aos ataques do pobo narragansett, polo que formou unha alianza cos colonos da Colonia de Plymouth para defenderse contra eles. Foi grazas á súa axuda que a colonia de Plymouth evitou a fame durante os primeiros anos.
Os ingleses en Plymouth[editar | editar a fonte]
No momento da chegada dos peregrinos a Plymouth, o reino dos Pokanokets incluía partes de Rhode Island e gran parte do sueste de Massachusetts.[5] Massasoit viviu en Sowams, unha vila en Pokanoket, en Warren, Rhode Island. Mantivo a lealdade dos sachems menores de Pokanoket. En 1621, enviou a Squanto para vivir entre os colonos en Plymouth.[6]
Os abrochos de varíola devastaron os Pokanokets, e Massasoit buscou unha alianza coas colonias de Nova Inglaterra contra os veciños narragansetts que controlaban unha zona ao oeste da baía de Narragansett en Rhode Island. Samoset] era un sachem abnaki menor (sagamore) que procedía da zona da baía de Muscongus en Maine,[7] e aprendeu a falar inglés dos pescadores que navegaban por esas augas. Massasoit mandouno achegarse aos colonos para saber se as súas intencións eran pacíficas.
Massasoit forxou vínculos políticos e persoais críticos cos líderes coloniais William Bradford, Edward Winslow, Stephen Hopkins, John Carver e Myles Standish, lazos que xurdiron dun tratado de paz negociado o 22 de marzo de 1621. A alianza garantiu que os Pokanokets permanecesen neutrais durante a guerra pequot en 1636.[8] Segundo fontes inglesas, Massasoit evitou o fracaso da colonia de Plymouth e a fame que enfrontaron os peregrinos durante os seus primeiros anos.[8]
Alianza duradeira[editar | editar a fonte]
A tensión xurdiu entre Massasoit e os colonos cando se negaron a renunciar a Squanto, a quen Massasoit cría un traidor. Isto resolveuse en marzo de 1623, cando Massasoit estaba gravemente enfermo e Edward Winslow o coido até que se recuperou.[9] Despois da súa recuperación, Winslow informa que Massasoit dixo: "os ingleses son os meus amigos e quérenme... mentres eu viva nunca esquecerei esta bondade que me mostraron".[10] En troques da súa amabilidade, Massasoit advertiulles dun complot contra eles. El soubera que un grupo de guerreiros influentes do pobo massachusett pretendía destruír tanto as colonias de Wessagusset como Plymouth, e avisou aos peregrinos a tempo.
A alianza sufriu outras tensións nos anos posteriores, xa que os colonos expandíanse a novas terras para apoiar a súa colonia en crecemento. Massasoit vendeu un terreo de 14 millas cadradas a Myles Standish e outros de Duxbury en 1649 para aliviar a tensión e manter a paz. A venda tivo lugar enriba de Sachem Rock, un afloramento no río Satucket en East Bridgewater, Massachusetts. O sitio figura no Rexistro Nacional de Lugares Históricos.
Fillos[editar | editar a fonte]
Massasoit tivo cinco fillos: Wamsutta, que naceu entre 1621 e 1625; Pometecomet, Metacomet ou Metacom; Sonkanuchoo; e as fillas Amie e Sarah. Pouco despois da súa morte, Wamsutta e Metecomet foron a Plymouth e pediron aos peregrinos que lles desen nomes ingleses. A corte chamounos Alexander e Philip. Wamsutta, o maior, converteuse no sachem dos Pokanokets á morte do seu pai. Morreu o ano seguinte, e o seu irmán Metacom sucedeuno en 1662.[11] Amie casou con Tispaquin e foi o único dos cinco fillos de Massasoit que sobreviviu á guerra do rei Filipe en 1676.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Massasoit no Merriam-Webster Dictionary.". merriam-webster.com. Consultado o 24 de febreiro de 2021.
- ↑ "Massasoit Commercial - 30 Seconds". Massasoit Community College. 25 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2021.
- ↑ "Native People" (page), "Massasoit (Ousamequin) Sachem" (section),MayflowerFamilies.com, web page:MFcom-Native Arquivado 4 de novembro de 2006 en Wayback Machine.
- ↑ Bicknell, p. 12
- ↑ Wright, Otis Olney, ed. (1917). History of Swansea, Massachusetts, 1667-1917. Town of Swansea. p. 19. OCLC 1018149266. Consultado o 11 de xuño de 2018.
- ↑ Humins, John H. (marzo de 1987). "Squanto and Massasoit: A Struggle for Power". New England Quarterly. 60 (1): 54–70. doi 10.2307/365654. JSTOR 365654.
- ↑ Bradford, William (1952). Morison, Samuel Eliot (ed.). Of Plymouth Plantation, 1620–1647. New York: Alfred A. Knopf. p. 80, n.8
- ↑ 8,0 8,1 "Pokanoket Leaders", Wampanoag Nation
- ↑ Alvin G. Weeks, Massasoit dos Wampanoags , 1919.
- ↑ Winslow, cap. 4
- ↑ Peirce, Ebenezer. Indian History, Zeviah Gould Mitchell, North Abington, Massachusetts, 1878
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
- "Native People" (páxina), "Massasoit (Ousamequin) Sachem" (section), MayflowerFamilies.com, webpage: MFcom-Native.
- Bicknell, Thomas Williams (1908). Sowams, with Ancient Records of Sowams and Parts Adjacent. New Haven: Associated Publishers of American Records.
- Virginia Baker, Massasoit's Town, Sowams in Pokanoket, Its History Legends and Traditions, Publicada pola autora, Warren, Rhode Island, 1904
- Blee, Lisa e Jean M. O'Brien, Monumental Mobility: The Memory Work of Massasoit. Chapel Hill, NC: University of North Carolina Press, 2019.
- Philbrick, Nathaniel, Mayflower: A Story of Courage, Community, and War, Nova York 2006.
- Winslow, Edward (1624). Good Newes from New England. Londres. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2012. Consultado o 02 de setembro de 2022.