Guillerme III de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guillerme, rei de Inglaterra, Irlanda e Escocia, por Willem Wissing (1680-1710).

Guillerme III de Inglaterra, II de Escocia, nado na Haia o 14 de novembro de 1650 e finado en Hampton Court o 8 de marzo de 1702, foi rei de Inglaterra, Escocia e Irlanda entre 1689 e a súa morte. Guillerme, Príncipe de Orange, foi tamén estatúder dos Países Baixos.

Traxectoria=[editar | editar a fonte]

Educado como protestante, foi rei de Inglaterra e Irlanda a partir de 13 de febreiro de 1689, e rei de Escocia a partir do 11 de abril dese mesmo ano, xunto coa súa muller María II de Inglaterra. Recibiu a coroa no seguimento da Revolución Gloriosa, durante a cal o seu tío e sogro Xacobe II de Inglaterra foi deposto.