John Franklin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Franklin

John Franklin (17861847) foi un explorador británico.
Naceu en Spilsby, Lincolnshire no seo dunha familia numerosa que prosperara grazas ao comercio.
Aínda que ao primeiro o seu pai opúñase aos desexos de Franklin de se facer mariño, finalmente perimitiulle embarcar nun mercante nunha viaxe de proba que chegou ata Lisboa, a viaxe confirmou os desexos do rapaz e o seu pai conseguiu que formase parte da tripulación do HMS Polyphemus, e estivo presente na batalla de Copenhaguen en 1801.
Xa no HMS Investigator participou nunha expedición de exploración da costa de Australia co seu tío, o capitán Matthew Flinders. De volta en Europa participou na batalla de Trafalgar en 1805 a bordo do HMS Bellerophon. En 1815 estivo na batalla de Nova Orleáns.
En 1818 viaxou pola primeira vez ao Ártico, como tenente, ás ordes de John Ross, e a pesar do fracaso da expedición quedou fascinado con el. Entre 1819 e 1822 participou nunha expedición para descubrir o Paso do Noroeste polo norte do actual Canadá, que foi un fracaso e na expedición morreron 11 dos 20 homes que participaron.
En 1823 regresou a Inglaterra e casou coa poeta, Eleanor Anne Porden. En 1825 morreu de tuberculose, en 1828 casou con Jane Griffin.
Entre 1836 e 1843 foi gobernador da Terra de Van Diemen (a actual Tasmania).
Obsesionado coa busca do Paso do Noroeste, en maio de 1845 partiu con 128 homes e dous navíos (HMS Erebus e HMS Terror) e nunca regresou.
A súa muller organizou varias partidas de rescate e debido á publicidade que xerou organizáronse outras partidas na busca do explorador. En 1850 atopáronse os primeiros restos da expedición, as tumbas de tres homes que morreran por causas naturais en 1846.
En 1854 John Rae, que non procuraba a Franklin, atopou un inuit que lle falou dunha partida de 35-40 homes que morreran de inanición preto da foz do Black River. En 1859 a súa viúva armou unha última expedición baixo o mando de Francis Leopold McClintock para inverstigar os descubrimentos de Rae e atopou un documento que deixara o segundo da expedición na Illa do Rei Guillerme, a mensaxe datada o 28 de abril de 1847 informaba que os barcos quedaran atrapados polo xeo durante dous invernos, moito máis tempo do que agardaban, suxeriouse que morreron por escorbuto, e existen evidencias que practicaron o canivalismo.