Zorra

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Esquema dunha zorra
Nenos xogando cunha zorra

Unha zorra é un instrumento de transporte sobre a neve que consta de dous patíns, esquís ou raís paralelos onde se apoia e se desliza sobre o xeo ou a neve empuxados habitualmente (ás veces tirado) por unha forza exterior, e unidos por unha plataforma horizontal onde se monta a carga. Están habitualmente feitos de madeira, e os deslizadores están revirados para enriba para non afundirse e chantarse na neve.

A denominación procede dun arcaísmo e dialectalismo recuperado para o uso moderno: aínda en uso nos Ancares para un útil semellante, a verba trineo semellante á portuguesa é un galicismo.

[editar] Espeleoloxía

A palabra zorra aparece tamén na denominación Pala da Zorra, referida a unha cova calcárea situada na contorna do encoro de Covas, Rubiá, na provincia de Ourense. A zona pertence a un afloramento calcario e está rodeado de multitude de cavidades formadas tamén por disolución do carbonato de calcio presente na rocha.

A forma da denominación podería proceder de calquera destas dúas orixes:

De tódolos xeitos, todas estas hipóteses deben contrastarse coa documentación medieval conservada. Ó facer referencia a un accidente natural, non é probable que o topónimo conste nos arquivos diocesanos que lle corresponderían ó bispado onde se atopa (bispado de Astorga)

Ferramentas persoais