Universidade Politécnica de Cataluña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universitat Politècnica de Catalunya
Logo UPC.svg
Datos xerais
Localización Barcelona
Datos actuais
Reitor Antoni Giró Roca
Datos de contacto
Enderezo Colexio de San Xerome
C. Jordi Girona, 31
08034. Barcelona
Páxina web http://www.upc.edu/
Entrada ao Campus Nord (Campus Norte) da UPC.
Edificio Nexus, no Campus Nord da UPC.
Edificio Nexus 2, Campus Nord.
Biblioteca da UPC.
Escola Técnica Superior de Enxeñería Industrial de Barcelona (ETSEIB).
Edificio Vèrtex, UPC.
Edificio K2M, UPC.

A Universidade Politécnica de Cataluña (Universitat Politècnica de Catalunya·BarcelonaTech en catalán e oficialmente), coñecida como UPC, é unha universidade pública da Generalitat de Cataluña, especializada nos ámbitos da arquitectura, as ciencias e a enxeñería.

É a universidade técnica máis grande de Cataluña. Ten como finalidade a internacionalización, xa que é a maior universidade técnica do Estado Español en canto a número de alumnos graduados internacionais, así como a universidade española con máis estudantes internacionais de master. Ao contrario que outras universidades politécnicas do mundo, a UPC é unha universidade que aspira á excelencia en todos os seus estudos, polo que ten convenios coas mellores universidades europeas.

En 2011 situouse como a mellor universidade politécnica de España e no número 87 do ranking mundial de universidades de enxeñería e tecnoloxía segundo o ranking QS World University,[1] así como a primeira universidade europea en másters Erasmus Mundus.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro antecedente da Universidade Politécnica de Cataluña (UPC) hallase na súa fundación, no ano 1968, do Instituto Politécnico Superior, que agrupou as escolas técnicas estatais xa existentes en Barcelona. Estas escolas tiñan unha grande tradición e as suas oríxes remontanse, nalgún caso, a mediados do século XIX como, por exemplo, a Escola d'Enginyers Industrials de Barcelona, que comezou a súa andaina no mes de outubro de 1851. Víctor de Buen, presidente do Instituto Politécnico Superior, foi o primeiro rector da Universidade Politécnica.

En marzo de 1971, constitúese a Universidade Politécnica de Barcelona (UPB), que inicialmente está formada pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Barcelona, a Escola Técnica Superior de Enxeñería Industrial de Terrassa, a Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona e algúns institutos de investigación. O mesmo ano 1971 créase a Escola Técnica Superior de Enxeñería de Telecomunicación de Barcelona.

Pouco antes, o 4 de agosto de 1970, aprobouse a Lei xeral de educación e de financiamento da reforma educativa. Esta Lei comprendía todo o sistema educativo, desde o ensino básico ata o ensino universitario, e establecía que as universidades disporían de autonomía e determinarían os procedementos de control e verificación de coñecementos, o sistema de ensino e o réxime de docencia e investigación. Así mesmo, as universidades asumirían a xestión e a administración dos seus centros e os seus servizos. Ademais, a Lei prevía tamén a incorporación á estrutura universitaria das escolas universitarias de Enxeñería Técnica e de Arquitectura Técnica.

Así pois, en 1972 incorpóranse á Universidade Politécnica de Barcelona as escolas universitarias de Enxeñería Técnica Industrial de Terrassa (EUETIT), a actual Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Vilanova i la Geltrú, a Escola Universitaria de Arquitectura Técnica de Barcelona (actual EPSEB) e a Escola Universitaria de Enxeñería Técnica de Minas de Manresa (actual EUPM). Este mesmo ano empezan as actividades nas escolas universitarias de Enxeñería Técnica Agrícola de Xirona e de Lleida, que xa foran creadas por disposición oficial, pero que non se acabaron de pór en marcha.

O ano 1972 é nomeado reitor da Universidade Politécnica de Barcelona o catedrático Gabriel Ferraté Pascual, que ocupou o cargo ata 1976, cando foi nomeado director xeneral de Universidades en Madrid. Para substituílo é elixido o profesor Julià Fernández Ferrer, que foi reitor ata 1978. Tras unhas eleccións, aquel mesmo ano é elixido de novo Gabriel Ferraté, que ocupou o cargo de reitor da Universidade Politécnica de Barcelona e, posteriormente, da Universidade Politécnica de Cataluña ata o ano 1994, momento no que deixa o cargo para construír a nova Universidade Aberta de Cataluña e ser o seu primeiro reitor. En 1994 é elixido reitor Jaume Pagès i Fita, que exerceu o cargo ata 2002, ano en que tiveron lugar eleccións e en que foi elixido un novo reitor, Josep Ferrer Llop. O 2006 celebráronse novas eleccións, accedendo ao cargo de reitor o catedrático Antoni Giró Roca.

Durante todo este tempo, a oferta docente da Universidade Politécnica non parou de crecer. O ano 1972, a Escola de Manresa empeza a impartir estudos de Enxeñería Técnica Industrial e pasa a denominarse Escola Universitaria Politécnica de Manresa (EUPM), algo máis tarde, a Escola de Enxeñería Técnica Agrícola de Xirona convértese tamén en escola universitaria politécnica e, en Lleida, empezan a impartirse ademais dos estudos de primeiro ciclo, estudos de segundo ciclo. O ano 1974 empezan as actividades na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Barcelona. Dous anos máis tarde, en marzo de 1976, créase a Facultade de Informática de Barcelona. En Terrassa créase a Escola Universitaria de Óptica (EUOOT) a partir dunha Orde ministerial do 7 de outubro de 1977 e, dous anos máis tarde, na Mancomunidade de Sabadell-Terrassa ponse en marcha a Escola Técnica Superior de Arquitectura do Vallès, que posteriormente, no ano 1991, trasládase á localidade de Sant Cugat del Vallès.

Escolas[editar | editar a fonte]

  • CFIS: Centro de Formación Interdisciplinaria Superior
  • CITM: Centro da Imaxe e a Tecnoloxía Multimedia
  • EET: Escola de Enxeñería de Terrassa
  • EPSC: Escola Politécnica Superior de Castelldefels
  • EPSEB: Escola Politécnica de Edificación de Barcelona
  • EPSEM: Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Manresa
  • EPSEVG: Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Vilanova i la Geltrú
  • ESAB: Escola Superior de Agricultura de Barcelona
  • ETSAB: Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona
  • ETSAV: Escola Técnica Superior de Arquitectura do Vallès
  • ETSECCPB: Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Barcelona
  • ETSEIB: Escola Técnica Superior de Enxeñería Industrial de Barcelona
  • ETSEIAT: Escola Técnica Superior de Enxeñerías Industrial e Aeronáutica de Terrassa
  • EUETIB: Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial de Barcelona
  • EEI: Escola de Enxeñería de Igualada
  • EUOOT: Escola Universitaria de Óptica e Optometría de Terrassa
  • EUPMT: Escola Universitaria Politécnica de Mataró
  • FIB: Facultade de Informática de Barcelona
  • FME: Facultade de Matemáticas e Estatística
  • FNB: Facultade de Náutica de Barcelona
  • ETSETB: Escola Técnica Superior de Enxeñería de Telecomunicacións de Barcelona

Organización territorial[editar | editar a fonte]

A UPC ten presenza nas comarcas de Barcelona con instalacións propias e campus nas seguintes cidades: Barcelona, Castelldefels, Igualada, Manresa, Mataró, Sant Cugat del Vallès, Terrassa e Vilanova i la Geltrú.

Administración[editar | editar a fonte]

Reitores[editar | editar a fonte]

Os seguintes foron os reitores da Universidade, desde a súa creación como Universidade Politécnica de Barcelona (UPB).

Nome Período
Víctor de Buen 1971 - 1972 (UPB)
Gabriel Ferraté i Pascual 1972 - 1976 (UPB)
1978 - 1994
Julián Fernández Ferrer 1976 - 1978
Jaume Pagès i Fita 1994 - 2002
Josep Ferrer Llop 2002 - 2006
Antoni Giró Roca 2006 - actualidade

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]