Furacán Katrina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Furacán Katrina, o 26 de agosto.


O Furacán Katrina foi un gran furacán, unha tempestade tropical que alcanzou o nivel 5 da Escala de Furacáns Saffir-Simpson no verán de 2005.

Os ventos do furacán alcanzaron máis de 280 quilómetros por hora, e causaron grandes prexuízos na rexión litoral do sur dos Estados Unidos, especialmente arredor da rexión metropolitana de New Orleans, o 29 de agosto de 2005 onde máis dun millón de persoas foron evacuadas. O furacán xa pasou polo sur da Florida, causando en torno de 2.000 millóns de dólares en danos e causando 6 mortes directas. É a 11ª tempestade en recibir nome, sendo o cuarto entre os furacáns. O furacán Katrina causou ata agora aproximadamente 1000 mortes, ata o 31 de agosto de 2005, sendo un dos furacáns máis destrutivos que ten chegado aos Estados Unidos. O furacán paralizou moita da extracción de petróleo e gas natural americano, pois unha boa parte do petróleo americano estriase do Golfo do México. Durante uns meses, cinco millóns de persoas estiveron sen electricidade na rexión Costa do Golfo.

Como consecuencia da tempestade, moitos problemas apareceron. En particular, a rotura dalgúns diques que protexen Nova Orleáns fixo que a auga fluíse cidade adentro. Aproximadamente 200.000 casas ficaron debaixo da auga en Nova Orleans e esperase que leve semanas ou meses o bombeo da auga para fora da cidade. Houbo alí un desastre humano, con moitas persoas illadas debido a anagamento[1]. Sede, fame e falta de recursos básicos están levando a situación a un estado caótico.[2] A área federal de desastre foi colocada baixo o control da FEMA (comandada por Michael Chertoff) e a Guarda Nacional; a pesar de inúmeras materias na midia, non hai declaración de lei marcial[3], porque non existe tal termo nas leis do Estado da Luisiana[4]. En vez diso, declarouse un estado de emerxencia, o que realmente dá algúns poderes similares aos de lei marcial. Na noite de 31 de agosto, o Prefeito de Nova Orleans Ray Nagin declarou "lei marcial" (polo menos en nome) na cidade e dixo que os policías non precisaban de preocuparse dos dereitos civís para deter os saqueadores".[5] A interrupción de subministro de petróleo, importacións e exportacións causada pola tempestade probabelmente terán consecuencias importantes para a economía global.


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]