Paradise Lost
Paradise Lost (en galego O paraíso perdido) é un poema narrativo de John Milton (1608-1674), considerado como un clásico da literatura inglesa, e que deu orixe a un tópico literario moi espallado na literatura universal.
Sobrepasa os 10.000 versos escritos sen rima.[1] O poema é unha epopea sobre o tema bíblico da caída de Adán e Eva. Trata, fundamentalmente, do problema do mal e o sufrimento no sentido de responder á pregunta de por que un Deus bo e todopoderoso decide permitilos cando lle sería doado evitalos.
Milton responde a través dunha descrición psicolóxica dos principais protagonistas do poema: o demo, Deus, Adán e Eva, cuxas actitudes acaban por revelar a mensaxe esperanzadora que se atopa trala perda do paraíso orixinal. No poema, o ceo e o inferno representan estados de ánimo antes que espazos físicos.
A obra comeza no inferno (descrito mediante referencias á permanente insatisfacción e desesperación dos seus habitantes), dende onde Satanás (definido polo sufrimento) decide vingarse de Deus de forma indirecta, isto é, a través dos seres recentemente creados que viven nun estado de ledicia permanente.
Índice |
Estrutura [editar]
Presentación de Satanás [editar]
Ao comezo do poema exponse o seu asunto: a caída do home no pecado. Tras isto, nárrase a historia de Satanás, o máis fermoso dos anxos, que antes da creación do mundo encabezou unha rebelión de anxos contra Deus, polo cal este expúlsalle a el e ao seu séquito do Ceo e os condena a permanecer nun lugar terrible chamado Inferno. Alí, Satanás arenga aos seus fieis pra vingarse de Deus, pero non coa forza, senón a través da astucia e o engano. E para iso dispón que se empregue a unha futura criatura súa, o home:
Adán, Eva e a árbore do coñecemento do Ben e do Mal [editar]
Satanás encárgase de ir el só a descubrir o novo mundo; Deus veo e ensínallo ao seu Fillo, ao que lle explica que o home vai ser culpable, polo cal o Fillo preséntase voluntario para expiar coa súa morte o pecado do home. Satanás explora o novo mundo, que é descrito ao lector, e pescuda onde está a morada do home, a nova creación divina. Alí contempla, admirado, a perfección da súa forma, e pescuda a prohibición que pesa sobre Adán e Eva, primeiros seres humanos, para comer o froito do árbore do coñecemento do ben e do mal.
-¡Oh, a miña doce compañeira, única con quen comparto todos estes praceres, e a quen amo máis cá eles!
Preciso é que o poder que nos fixo, e que fixo pra nós este vasto mundo, sexa infinitamente bo, tan xeneroso como bo, e así mesmo tan liberal na súa bondade como infinito. El sacounos do po e colocounos aquí, no medio de toda esta felicidade, cando pola nosa banda non merecemos nada da súa man, nin podemos facer nada de que poida El ter necesidade: non esixe de nós outra cousa que un só deber, unha doada obrigación; que de todas cantas árbores producen no paraíso froitos variados e deliciosos, absteñámosnos únicamente de tocar a árbore do coñecemento do ben e do mal, prantada preto da árbore da Vida: ¡tan preto da vida medra a morte! ¿E que é a morte? Algunha cousa terrible, sen dúbida; porque, como ti non ignoras, Deus dixo que tocar a árbore do coñecemento do ben e do mal é o mesmo que morrer. Esta é a única proba de obediencia que nos impuxo entre tantas facultades de poder e soberanía como nos conferiu.Adán e Eva desobedecen a Deus [editar]
Deus, atento ao que sucede no paraíso, envía ao arcánxo Rafael pra exhortar a Adán e Eva á obediencia e previrlles da trama de Satanás; ademais, conta con detalle da historia do anxo caído. Satanás voltou ao paraíso en forma de serpe, e cando atopa a Eva soa, explícalle que ten o don de falar grazas ao froito dunha árbore. Conduce a esa árbore a Eva, que recoñece a árbore do coñecemento do ben e do mal; con argucias e mentiras fomenta dúbidas en Eva:
Dicindo isto, a súa man temeraria esténdese en hora infausta cara ao froito: ¡arríncao e cómeo! A Terra sentiuse ferida; a natureza, conmovida ata os seus alicerces, laia a través de todas as súas obras e anuncia por medio de sinais de desgraza que todo estaba perdido.
A culpable serpe ocúltase nunha matogueira, e ben puido facelo; porque Eva, embebecida completamente na froita, non miraba outra cousa. Parecíalle que ata entón non probara nada tan delicioso; xa porque o seu sabor fose realmente así, ou porque imaxinárao na súa esperanza dun coñecemento sublime; a súa divinidade non se apartaba do seu pensamento. Avidamente e sen reserva devoraba a froita ignorando que tragaba a morte. Satisfeita ao fin, exaltada, cal se o fose polo viño, alegre e xoguetona, plenamente satisfeita de si mesma, falou desta sorte:
-¡Oh, raíña de todas as árbores do paraíso, árbore virtuosa, fermosa, cuxa bendita operación é a sabedoría!Expulsión do paraíso [editar]
Despois de probares a froita, Eva doulla a Adán pra que el tamén a probase. Adán, malia reprocharlle a Eva a súa desobediencia, come da froita, porque o seu amor por Eva fai que queira compartir a súa sorte.
Ao coñecer Deus a caída no pecado de desobediencia das súas criaturas, enviou ao arcanxo Miguel pra que lles comunicase a súa expulsión do paraíso e que Deus aceptaba as súpricas que lle fixera Adán de pospoñer a súa morte. Antes da expulsión definitiva, Miguel explica á parella o futuro e destino da humanidade, dominado polo esforzo e o sufrimento por mor do seu pecado orixinal, e móstralles o mundo que van morar eles e os seus descendentes:
Recibimento [editar]
O Paraíso perdido tivo unha importante recepción. Nel baseouse Gottfried Van Swieten para escribir o texto que serviría de base á composición de A Creación de Joseph Haydn, un importante oratorio que recolle a primeira parte do texto de Milton. Remata coa creación de Adán e Eva e as súas loubanzas a Deus, sen presentar os episodios posteriores que levarán á perda do Paraíso.
Por outra banda, a conveniencia de traducir ou non este texto xerou un importante debate na Ilustración en lingua alemá. Así, mentres os ilustrados máis estritos, como Johann Christoph Gottsched opoñíanse a iso, por tratarse dun texto cheo de elementos sobrenaturais e fantasiosos, os ilustrados suízos Johann Jakob Bodmer e Johann Jakob Breitinger van avogar pola súa tradución, admirando a forza do texto. Tamén os prerrománticos como Johann Gottfried Herder van mostrarse abraiados pola forza do texto.
Notas [editar]
- ↑ Di Milton no prólogo: "A rima non é un complemento necesario nin un verdadeiro ornameno do poema ou o bo verso, especialmente nas obras máis extensas (...) Este abandono da rima non ha de terse, pois, por un defecto (...) senón máis ben considerarse como un exemplo, o primeiro en inglés, da antiga liberdade recuperada para o poema heroico".