Universidade de Navarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade de Navarra
Datos xerais
Datos actuais
Datos de contacto
Facebook: unav Twitter: unav Inguma: nafarroako-unibertsitatea Flickr: 35063235@N04 Dialnet: 819096 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Universidade de Navarra

A Universidade de Navarra é unha universidade española de carácter privado e relixioso. Fundouna en Pamplona en 1952 por Xosemaría Escrivá de Balaguer e forma parte da estrutura do Opus Dei.

Na universidade de Navarra pódense cursar 27 titulacións oficiais e máis de 300 programas de posgrao en dez facultades, dúas escolas superiores, o IESE (Instituto de Estudos Superiores da Empresa), dúas escolas universitarias, ISSA (Instituto Superior de Secretariado e Administración) e outros centros e institucións. Inclúe a Clínica Universitaria, que con cerca de 1.700 profesionais cualificados, atende a máis de 100.000 pacientes ó ano. No ano 2004 inaugurouse o Centro de Investigación Médica Aplicada (CIMA) no que 300 investigadores desenvolven os seus estudos biomédicos.

Xunto coa Universidade Pública de Navarra e a UNED, é unha das tres universidades con sede na capital navarra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]