Conversa:Gaspar Melchor de Jovellanos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O nome de berce é Baltasar Melchor Gaspar María de Jove Llanos y Ramírez? Non atopo ese dato en ningures.--AlberteSi, digame? 15:15, 9 decembro 2006 (UTC)

Por exemplo aquí si aparece[[1]], en Víctor Labrada, inda que como Jove-Llanos no apelido, teño na casa unha biografía de Jovellanos, cando volte podo mirar por se pon algo . --Miñato 15:30, 9 decembro 2006 (UTC)

Na enciclopedia Espasa si aparecen eses nomes:[2] e na biografía que teño na casa obra de Javier Varela (1988) afirma que na partida de nacemento figuran eses nomes, a partida foi publicada por Julio Somoza en 1911. En canto ao apelido seu pai utilizou Jove Llanos [3] e el parece que tamén, vendo bibliografía antiga [4] vese que en moitas obras das máis antigas utilizan Jove Llanos e mesmo Jove-Llanos así como tamén Jovellanos, dá a sensación que non tiña unha ortografía estable.--Miñato 17:52, 11 decembro 2006 (UTC)

Por certo a biografía de Jovellanos da Galipedia é a mellor de todas as wikipedias.--Miñato 17:57, 11 decembro 2006 (UTC)

Xovellanos[editar a fonte]

Xa que a pronuncia galega seria Xovellanos e que el foi o primeiro defensor da lingua asturiana, non deberiamos cambiar o nome do artigo pola versión galega e asturiana? Emilio juanatey 12:24, 14 xuño 2007 (UTC)


A verdade é que nin sequera adaptamos os apelidos galegos, ver por exemplo Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, se el non utilizou Xovellanos nin hai na bibliografía galega esa forma non o podemos facer xa que todo ten que estar refrendado por fontes externas.Acerto 16:21, 14 xuño 2007 (UTC)

Tes razón, non se me ocorrera o argumento das fontes externas aplicado aos nomes, pero é igual que calquer outro dado. Cuestión retirada Emilio juanatey 20:18, 14 xuño 2007 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Gaspar Melchor de Jovellanos. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de novembro de 2019 ás 08:18 (UTC)[responder]