¡Hay motivo!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
¡Hay motivo!
Creado por Gabriel Celaya, Juan José Millás
Desenvolvido por Leire Aurrekoetxea
Dirixido por Álvaro del Amo, El Gran Wyoming, Vicente Aranda, etc[1]
Intérpretes Laura Aparicio, Silvia Rey, Luis Tosar, etc[2]
País de orixe España
Lingua(s) castelán
Produción
Cámara Ángel Iguácel
Duración 100 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixe Universidades

¡Hay motivo! é unha serie de 32 curtametraxes producidas en febreiro de 2004 e proxectados a partir do 9 de marzo nas que se critican diversos aspectos da realidade social española e ó goberno do Partido Popular en distintos temas sociais e políticos. De acordo cos propios realizadores, o propósito desta serie de curtametraxes era propiciar un cambio de goberno ante as inminentes eleccións xerais.

Contido[editar | editar a fonte]

Entre os temas de crítica atópanse a subida do prezo da vivenda, a xestión por parte do goberno da crise que seguiu ó afundimento do petroleiro Prestige en Galicia, o apoio do presidente José María Aznar á invasión de Iraq de 2003 ou a manipulación da televisión pública, avalada pola condena xudicial ó presentador de informativos Alfredo Urdaci, por manipulación informativa no caso dunha folga xeral convocada polo sindicato Comisións Obreiras e UXT.

Logo da compilación da película, os cineastas realizaron unha última curta, a que fixo o número 33.

¡Hay Motivo! non se emitiu comercialmente en cines, senón que foi proxectado en universidades e outros lugares que solicitaron expresamente a súa proxección. Tamén se emitiu en canles locais de televisión. Os propios cineastas utilizaron estas canles a fin de difundir a serie tan rápido como lles fose posible, polo que tamén animaron a descargar a película por Internet, a través de redes P2P.

O efecto da película na opinión pública é dificilmente avaliable, xa que os atentados de Madrid o 11 de marzo de 2004, tan só tres días antes das eleccións, supuxeron un cambio demasiado brusco na sociedade e na política española.

Finalmente, a película foi estreada comercialmente o día 12 de novembro de 2004 e proxectada ata o día 25 do mesmo mes, último día de exhibición da cinta. Arredor de 496 espectadores se achegaron ó cine para vela (datos do Ministerio de Cultura). A recadación ascendeu a 2.831,40 euros.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Un dos detonantes da realización desta cinta foi probablemente a XVII edición dos Premios Goya, celebrada o 1 de febreiro de 2003, na que actores e directores levaron chapas dicindo "Non á guerra" e converteron o acto nunha alegación contra a mesma.

Outro dos antecedentes foi probablemente o éxito que tivo a película documental de Michael Moore Bowling for Columbine, que supuxo un rexurdimento do xénero documental.

As curtas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]