Para que non me esquezas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para que non me esquezas
Ficha técnica
Título orixinalPara que no me olvides
DirectorPatricia Ferreira Mañas
ProdutorJoseán Gómez
GuiónPatricia Ferreira Mañas, Virginia Yagüe
IntérpretesFernando Fernán Gómez (Mateo), Emma Vilarasau (Irene), Marta Etura (Clara), Roger Coma (David), Víctor Mosqueira (Antonio), Mónica García (Ana), Marisa de Leza (Leonor), Joaquín Hinojosa (Mauricio), Ana Cuerdo (Eva/Nina), Manuel Feijóo (Nacho), Txema Blasco (Julián), Gonzalo Uriarte (Ramiro), Carlos Blanco (Profesor), Mercedes Castro (Carmen), Laura Heredero (Muller hospital), Celso Bugallo (Ancián), Antonio Mourelos (Médico urxencias), Celia Bermejo (Enfermeira), Miguel Zúñiga (Andrés), Jorge de Benito (Rubén/Trepelev), José Luis Agudo (Ciro/Sorin), Santi Ruiz (Medvedenko), Marta Aledo (Rapaza hiper), Manuel Brun, Israel Frías (Home hospital), África Luca de Tena (Compañeira Nacho), Omar Muñoz (Neno 2), , José María Noci (Fruteiro), Lidia Palazuelos (Arkadina),
FotografíaMarcelo Camorino
MontaxeCarmen Frías
DistribuidoraBaños Films - Biblos Clube de Lectores
Estrea18 de febreiro de 2005
Duración100 minutos
OrixeGalicia Galicia
Xénerodrama
Orzamento2.452.130 €
Na rede
IMDB: tt0416101 Filmaffinity: 564753 Rottentomatoes: m/para_que_no_me_olvides Allmovie: v339450 Editar o valor em Wikidata

Para que non me esquezas (en castelán: Para que no me olvides) é unha coprodución galega da directora Patricia Ferreira Mañas do ano 2005. Trátase dun drama de 100 minutos de duración producido por Canal +, Continental Producciones, S.A., TVG e TVE e subvencionado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Con Fernando Fernán Gómez, Emma Vilarasau e Roger Coma nos papeis protagonistas, o elenco conta tamén con actores galegos coma Carlos Blanco, Víctor Mosqueira, Mónica García, Gonzalo Uriarte, Celso Bugallo, Antonio Mourelos e Mercedes Castro.

A rodaxe tivo lugar entre Madrid e A Coruña entre o 2 de febreiro e o 27 de marzo de 2004. Estreouse o 18 de febreiro de 2005.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Para que non me esquezas narra a historia dunha muller, Irene (Emma Vilarasau), que convive sen problemas co seu pai Mateo (Fernando Fernán Gómez) e co fillo, David (Roger Coma), de 22 anos. A relación con este último desenvólvese sen problemas ata que el, un brillante estudante da carreira de Arquitectura, decide marchar a vivir coa moza Clara (Marta Etura), unha rapaza que gaña a vida como caixeira dun supermercado. A Irene cústalle comprender e aceptar a decisión do fillo.

Equipo técnico[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Sant Jordi á mellor actriz española (Emma Vilarasau)
  • Premio Turia especial a Patricia Ferreira.
  • Premio Turia á mellor actriz (Emma Vilarasau)
  • Nomeamento ó premio Goya á mellor actriz (Emma Vilarasau)
  • Nomeamento ó Premio Goya á mellor actriz secundaria (Marta Etura)
  • Nomeamento ó Premio Goya á mellor dirección artística (Félix Murcia e Federico G. Cambero)
  • Nomeamento na categoría de mellor actriz catalá (Emma Vilarasau) nos Premis Butaca de teatre i cinema de Catalunya.
  • Nomeamento ó premio do Festival Internacional de Mar de Prata á mellor película.
  • Nomeamento ó Premio do Círculo de Escritores Cinematográficos á mellor actriz secundaria (Marta Etura)
  • Participante na Sección Oficial do Festival Internacional de Cine de Berlín (2005).
  • Premio do Público no Festival de Tolosa (Francia) (2005).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]