Cuéntame cómo pasó
| Cuéntame cómo pasó | |
|---|---|
Personaxes da serie |
|
| Formato | Drama-Historia |
| Creado por | Miguel Ángel Bernardeau |
| Intérpretes | Imanol Arias Ana Duato Ricardo Gómez Irene Visedo María Galiana Pablo Rivero Cristina Alcázar Juan Echanove Ana Arias Roberto Cairo Silvia Espigado Alicia Hermida Lluvia Rojo Manolo Cal Santiago Crespo Elena Rivera Antonio Canal Voz de Carlos Adulto Carlos Hipólito |
| Tema de apertura | Cuéntame (Rosario) |
| País de orixe | España |
| Número de episodios | 190 (ata 29/10/09) |
| Produción | |
| Duración | 70-75 min |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | La 1 |
| Tempo de emisión | 13 de setembro de 2001 – actualidade |
| Ligazóns externas | |
| Páxina web | |
Cuéntame cómo pasó, máis coñecida como Cuéntame, é unha serie de televisión española emitida por La 1 de Televisión Española, desde o ano 2001. O seu nome orixinal (Cuéntame) tivo que ser modificado por problemas de copyright.
A serie narra, apoiándose nunha combinación de microhistoria e macrohistoria, as vivencias dunha familia de clase media, os Alcántara, durante os últimos anos do franquismo e os comezos da Transición Española, e é á vez unha crónica socio-política da época. O seu nome provén dun famoso tema dos anos sesenta do grupo de música pop Fórmula V, titulado "Cuéntame".
A serie creouse co propósito de celebrar o primeiro cuarto de século transcorrido desde a Transición e o seu espírito claramente didáctico queda patente nalgúns capítulos puntuais especiais, nos que se inclúen entrevistas documentais a personaxes históricos da época, por exemplo os correspondentes ao asasinato do presidente Carrero Blanco ou á morte de Franco.
Desde o seu primeiro capítulo, emitido o 13 de setembro de 2001, Cuéntame reflectirá os cambios experimentados no país a partir de 1968. A 11ª tempada estreouse o 10 de setembro de 2009 e terminou o xoves 17 de decembro de 2009 cun récord absoluto de audiencia desde o 2007 e superando a de Gran Hermano.
A pesar de levar máis de 8 anos en antena a serie converteuse en todo un referente e a súa audiencia segue intacta, plantando cara a Gran Hermano.
A duodécima tempada estreouse en novembro de 2010 coa volta do personaxe de Inés, interpretado por Pilar Punzano. A serie foi líder en tódalas súas emisións. Despediu a tempada con récord ao reunir a preto de 5.000.000 de telespectadores.
A décimo terceira tempada da serie chegou en setembro de 2011 coa familia Alcántara completamente arruinada.
Índice |
[editar] Reparto
- Imanol Arias, como Antonio
- Ana Duato, como Mercedes
- Ricardo Gómez, como Carlos
- María Galiana, como Herminia
- Pablo Rivero, como Toni
- Ana Arias, como Paquita
- Lluvia Rojo, como Pili
- Roberto Cairo, como Desiderio
- Alicia Hermida, como Valentina
- Juan Echanove, como Miguel Alcántara
- Silvia Espigado, como Clara
- Antonio Canal, como Padre Froilán
- Manolo Cal, como Ramón
- Cristina Alcázar, como Juana
[editar] Abandonaron a serie
- Irene Visedo, como Inés
- Pere Ponce, como Eugenio
- José Sancho, como Pablo
- Terele Pávez, como Pura
- Ana Allen, como Marta Altamira
- Rosario Pardo, como Nieves
- Fernando Fernán Gómez, como Don Venancio
- Enrique San Francisco, como Tinín
- Tony Leblanc, como Cervan
- Juanjo Puigcorbé, como Rafa
- Miguel Hermoso Arnao, como Chema
[editar] Audiencias
- 1ª tempada: 5.447.000 espectadores e 33,95% de share
- 2ª tempada: 6.416.000 espectadores e 38,1% de share
- 3ª tempada: 6.732.308 espectadores e 42% de share
- 4ª tempada: 6.728.000 espectadores e 39,1% de share
- 5ª tempada: 5.440.000 espectadores e 33,5% de share
- 6ª tempada: 5.606.000 espectadores e 31,3% de share
- 7ª tempada: 4.845.000 espectadores e 27,6% de share
- 8ª tempada: 4.560.000 espectadores e 25,8% de share
- 9ª tempada: 3.618.000 espectadores e 20,3% de share
- 10ª tempada: 4.084.000 espectadores e 23,9% de share
- 11ª tempada: 4.071.000 espectadores e 22% de share
[editar] Premios
- Antena de Ouro
- Antena de ouro á mellor serie de televisión: 2004.
- Unión de Actores
- 2005. Candidata a Mellor actor protagonista dunha serie (Imanol Arias), Mellor actriz protagonista dunha serie (Ana Duato), Mellores actores nun papel pequeno (Félix Corcuera e José Antonio Alcobendas).
- TP de Ouro
- Mellor Serie Nacional: 2001, 2002, 2003
- Nomeada: 2004, 2006, 2008.
- Mellor Actor (Imanol Arias): 2001, 2002, 2003, 2006, 2007, 2008.
- Nomeado: 2004, 2005.
- Mellor Actriz (Ana Duato): 2001, 2002, 2003, 2006.
- Nomeada: 2004, 2005, 2007.
- Mellor Actriz (María Galiana).
- Nomeada: 2002
- Mellor Serie Nacional: 2001, 2002, 2003
- Premios internacionais