Símbolos anarquistas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Existe unha gran variedade de símbolos relacionados co anarquismo e a anarquía, entre os que destacan o "A" circulado e as bandeiras negra e negrivermella. Malia que o seu uso se impuxo pola tradición e o costume, cómpre indicar a relevancia da simboloxía política foi amplamente negada polas correntes anarquistas e son símbolos non oficiais.[1]

"A" circulado[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O símbolo tradicional, círculo con "A"
As pintadas de simboloxía anarquista son comúns nas paredes e muros das contornas urbanas

O símbolo anarquista máis recoñecido é o da esquerda: Unha letra A maiúscula rodeada por un círculo. É a inicial de "anarquía" e "anarquismo" na maioría dos idiomas, facéndoo un símbolo recoñecible a nivel internacional. O círculo simboliza unidade, e ademais de salientar a letra "A", simboliza determinación. O anarquismo significa e implica sentimento de solidariedade entre grupos, aínda que poidan estar separados xeograficamente e ter diferentes puntos de vista da anarquía.

O símbolo pode ser visto como unha representación da máxima de Pierre Joseph Proudhon: Anarquía é orde. Proudhon, anarquista do século XIX, tamén é coñecido pola famosa frase A propiedade é un roubo, dunha das súas obras máis importantes, Qu'est-ce que la propriété?. De acordo coa lectura deste símbolo, o círculo representa a "orde" (coincidindo tamén nalgúns idiomas coa inicial da palabra).

O "A" ten un significado simbólico adicional en varios idiomas: autoxestión ou autodeterminación. Isto refírese á acción radical dos traballadores das fábricas ó tomar o control dos seus propios lugares de traballo, manexándoos democraticamente sen un xefe. Os movementos anarquistas adoitaban estar relacionados cos sindicatos.

Mentres que as orixes do símbolo non son de todo claras, pénsase que existe desde antes da guerra civil española. Foi adoptado como un símbolo da Alliance Ouvrière Anarchiste (AOA), fundada en 1956 en Bruxelas, e sería novamente reinventado independentemente en 1964 polo grupo francés Jeunesse Libertaire.[2]

Este carácter pódese escribir en Unicode con U+24B6

Por que o "A" dentro dun círculo?[editar | editar a fonte]

Segundo a investigación de Amadeo Bertolo publicada en La Rivista Anarchica de maio de 1981, a adopción do "A" no círculo como emblema universal data de 1964. Concretamente, en abril dese ano usouse na portada dun boletín interno dun grupo francés das mocidades libertarias, seguido dunha interrogación. O propósito era crear un símbolo que aglutinase ó conxunto do movemento anarquista, sen distinción de tendencias.

O "nivel nun círculo" masón como primeiro uso polo Consello Federal de España da Asociación Internacional dos Traballadores. Nótese a inclusión da chumbada, unha das ferramentas de traballo da masonería e un símbolo da rectitude de conduta.

Nese boletín deron os seus motivos:

Diversas razóns nos impulsaron a isto: volve moito máis accesibles os escritos, garante máis eficacia nos murais e escritos nas paredes das rúa; e, sobre todo, suxire unha presenza máis ampla do movemento anarquista na órbita de moita xente, ademais de que permite dar un carácter común a tódalas manifestacións do anarquismo. En segundo lugar, trátase de utilizar un medio práctico que, por un lado consiste en levar no menor tempo posible a facelo como símbolo moral, e, por outro, permite fácil identificación entre tódolos compañeiros anarquistas. (…) Nós usamos o A, que é a primeira letra do alfabeto de tódalas linguas e de tódolos tempos. En resumo: facilita unha conexión mental automática e axuda así á nosa propaganda.

A inspiración púidose atopar no símbolo pacifista (o círculo coa "pata de galiña"). A proposta dos franceses, ó parecer, non tiña gran transcendencia, ata que en 1966 un mozo anarquista milanés que formaba parte do círculo Sacco e Vanzetti comezou a usala. En 1968 saíu en Milán ás rúas e no Maio francés de 1968 logrou perpetuarse.

Historia previa[editar | editar a fonte]

"A" circulado ó estilo punk.

O primeiro uso dun "A" dentro dun círculo por parte de anarquistas -aínda que non o mesmo símbolo que se coñece na actualidade- foi do Consello Federal de España da Asociación Internacional dos Traballadores (I Internacional). Foi establecido polo masón [3] Giuseppe Fanelli en 1868.
Posteriormente, a revista Fight the State referiuse a un miliciano anarquista que levaba o símbolo no seu casco durante a guerra civil española (19361939).

Algúns erros individuais fan crer que este símbolo xurdiu co movemento Anarcopunk, que foi parte do movemento musical punk a finais dós anos 70. Con todo, o movemento punk axudou a dar a coñecer o símbolo, incluso entre persoas non anarquistas.

Bandeira negra[editar | editar a fonte]

Bandeira negra

Descrición[editar | editar a fonte]

A cor negra asociouse coa anarquía desde finais do século XIX. Moitos grupos anarquistas conteñen a palabra "negro" nos seus nomes. Houbo un gran número de periódicos anarquistas titulados Bandeira Negra, así como unha banda de hardcore punk do mesmo nome en inglés (Black Flag).

A uniformidade da escuridade na bandeira representa a propensión anarquista a levantar barricadas. Especificamente, representa o internacionalismo, renegando de calquera tipo de límite. Unha simple bandeira negra é case unha antibandeira (as bandeiras coloridas representan, xeralmente, símbolos de nacións). Ademais, unha bandeira branca é o símbolo de rendición ante unha forza superior, polo que unha bandeira negra pode ser vista como a negativa a darse por vencido na loita. Tamén se fala do simbolismo do amencer para os mártires caídos na loita.

Así mesmo, no concepto de ser unha antibandeira, pode simbolizar a negación a toda ideoloxía, filosofía, culto ou tradición (elementos que adoitan ter símbolos) que pretendan escravizar ó ser humano baixo o seu nome.

A bandeira negra pode tamén ser relacionada coa Jolly Roger (bandeira pirata coa caveira e dous ósos).

Historia[editar | editar a fonte]

Bandeira negra ondeando ó vento.

Algúns dos primeiros anarquistas identificáronse coa bandeira vermella como provenientes da tradición do socialismo, representado historicamente por esta cor. Cando na familia socialista houbo a escisión final entre marxistas e anarquistas, os segundos adoptaron a bandeira negra como símbolo para diferenciarse do "socialismo de Estado" representado polos primeiros.

A cor negra da bandeira asociouse ó anarquismo na década de 1880 como un signo do amencer para a Comuna de París. O periódico francés Le Drapeau Noir, existente ata 1882, foi unha das primeiras publicacións que fai referencia ó uso da cor negra como símbolo do pensamento anarquista. Black International era o nome dun grupo anarquista londiniense fundado en xullo de 1881.

Na Revolución Rusa as forzas anarquistas de Nestor Makhno foron coñecidas popularmente como o Exército Negro. Loitaron baixo o símbolo da bandeira negra con algo de éxito ata que foron cribados polo Exército Vermello. Emiliano Zapata, o revolucionario mexicano da década de 1910, usaba unha bandeira negra cunha caveira con ósos e a Virxe María, co lema "Tierra y Libertad".

Os estudantes parisienses portaron bandeiras negras e vermellas durante a masiva folga xeral de maio de 1968. Nese mesmo ano despregáronse estas bandeiras na convención nacional do movemento estadounidense, "Estudantes por unha sociedade democrática". Tamén ó mesmo tempo o diario británico Black Flag iniciou a súa edición, manténdose na actualidade.

Bandeira negrivermella[editar | editar a fonte]

A bandeira negrivermella une as tradicionais cores do anarquismo e o sindicalismo nun mesmo pano

Descrición[editar | editar a fonte]

A bandeira negrivermella une a cor negra do anarquismo coa cor vermella do sindicalismo ou movemento obreiro. Adoita estar cosida en diagonal, se ben as primeiras bandeiras estábano de forma horizontal (simbolizando a falta de autoridade).

Versión da CNT-FAI da bandeira.

Historia[editar | editar a fonte]

Aínda que hai usos anteriores de bandeiras que conxugaban ambas cores en Italia e México, a popularización definitiva chegou cando o sindicato español CNT tomou a bandeira negrivermella como emblema do anarcosindicalismo na década de 1920. Na actualidade a bandeira negrivermella é un dos símbolos máis populares do anarquismo nalgunhas zonas e xa non se limita a representar o anarcosindicalismo en exclusiva, senón que tamén é usada por anarcopunks, anarcocomunistas, anarcomutualistas, e outros grupos.
En Costa Rica a bandeira negrivermella foi utilizada polo Centro de Estudios Germinal, tamén de ideoloxía anarquista.

Outros símbolos[editar | editar a fonte]

Gato negro[editar | editar a fonte]

O gato negro, tamén chamado "gato salvaxe" ou "gato montés" ("wild cat" en inglés) amósase normalmente coas costas arqueadas e sacando as unllas e os dentes. Foi deseñado por Ralph Chaplin, unha coñecida figura dentro do sindicato estadounidense Industrial Workers of the World (IWW). A palabra "wildcat" dá idea de salvaxe ou fero en inglés, suxerindo coa postura do gato o simbolismo do sindicalismo revolucionario e as folgas sen descanso.

Cruz negra[editar | editar a fonte]

A cruz negra é o símbolo da Cruz Negra Anarquista, unha organización humanitaria que promove a liberación de presos e a abolición dos sistemas penitenciarios, apoiando diversas alternativas ás prisións. A cruz é unha modificación do emblema usado pola Cruz Vermella e ten na parte superior un puño pechado, un símbolo tamén relacionado coa loita e o desafío ó poder. Tamén representa a unión, o feito de que moitos dedos débiles xuntos poden formar un puño forte.

Okupación[editar | editar a fonte]

O símbolo do movemento de okupación converteuse xa nun máis dos símbolos anarquistas. Existen numerosos casos de okupacións promovidas por xente que busca crear alternativas culturais e asociativas nos barrios nos que viven, a través dos chamados centros sociais okupados. A súa finalidade é crear espazos autoxestionados desde onde poder crear actividades libres de presións económicas e políticas. Organízanse asembleariamente para evitar a creación de líderes e adoitan estar vinculados ideoloxicamente ó anarquismo ou a outras tendencias de esquerda revolucionaria.

Feminismo[editar | editar a fonte]

A liberación da muller en tódolos seus aspectos desde a súa condición mesma de muller e na súa relación cos homes forma parte importante do desenvolvemento do anarquismo como teoría e movemento, dándolle características especiais con ideas adiantadas con respecto á primeira onda feminista. As ideas anarquistas vinculadas ó feminismo son máis semellantes ás da segunda onda do feminismo (feminismo radical), o ecofeminismo e o feminismo da diferenza entre outros. Os símbolos feministas son acotío usados tanto por feministas anarquistas como por anarquistas sen máis.

Cobra especial relevancia o símbolo do puño contestatario feminino, que representa o poder da muller, xa que xorde tanto do feminismo radical e dos movementos do 68, emparentados en varios aspectos co pensamento libertario. Ó igual que o símbolo da anarquía, a non violencia e a okupación, está circulado.

Sabot[editar | editar a fonte]

Un símbolo de menor uso por parte de certos anarquistas é o sabot, símbolo da sabotaxe como forma de loita. Un símbolo paralelo a este é a chave de porquetas.

A palabra sabotaxe orixinouse da palabra francesa sabot. En Francia as zocas (calzado de madeira) chámanse sabots. Como medio de presión nunha folga os obreiros dalgunhas fábricas usaron os seus sabots para inutilizar a maquinaria, e así amosar o seu desacordo cos patróns. Sabotaron as máquinas.

Mutualismo e reciprocidade[editar | editar a fonte]

Existe un símbolo relativamente recente que é representativo do mutualismo ou anarquismo de mercado e da axuda mutua ou reciprocidade.

Outras bandeiras[editar | editar a fonte]

Bandeira verdinegra[editar | editar a fonte]

A bandeira verdinegra é unha modificación da bandeira negrivermella. É usada polos partidarios dos movementos ecoloxistas de inspiración anarquista como a ecoloxía social, a anticivilización e o primitivismo.

Tómase xeralmente para simbolizar unha visión do anarquismo que se centra na autodeterminación de tódalas formas de vida (animais, seres humanos, bio-rexións). Ultimamente o seu uso volveuse máis popular xunto coa bandeira negrivermella.

Bandeira púrpura-negra[editar | editar a fonte]

A bandeira púrpura-negra é usada polo movemento anarcofeminista e polos anarquistas que están involucrados no activismo polas cuestións de xénero.

Adoita ser usada por grupos de mulleres anarquistas e en accións de liberación feminina.

Bandeira lila-negra[editar | editar a fonte]

A bandeira lila-negra pode significar liberación anarcofeminista, e tamén reivindicación das minorías sexuais. É usado indistintamente por mulleres anarquistas, como por sectores da comunidade LGBT, así como por algúns anarquistas adherentes da teoría queer.

Estrelas[editar | editar a fonte]

Estrela negra.
Estrela negrivermella.

Existen diferentes deseños de estrelas de cinco puntas, que inclúen as cores das bandeiras descritas anteriormente.

Efemérides e días conmemorativos[editar | editar a fonte]

Como toda organización e ideoloxía o movemento anarquista ten certas datas que considera relevantes recordar, xa sexa para reivindicación e memoria histórica, como para cuestionar a súa celebración. Non existe un calendario oficial, polo que non son en si "datas anarquistas", se ben contan con certa popularidade dentro do movemento. Estas datas replantéxanse e engádense novos días, actualizándose as conmemoracións para lembrar situacións de actualidade.

Himnos anarquistas[editar | editar a fonte]

A las barricadas Hijos del pueblo La Internacional anarquista Arroja la bomba
Negras tormentas agitan los aires
nubes oscuras nos impiden ver.
Aunque nos espere el dolor y la muerte
contra el enemigo nos llama el deber.
El bien más preciado es la libertad
luchemos por ella con fe y con valor.
Alza la bandera revolucionaria
que llevará al pueblo a la emancipación.
Alza la bandera revolucionaria
que llevará al pueblo a la emancipación.
En pie el pueblo obrero, a la batalla
hay que derrocar a la reacción.
¡A las barricadas! ¡A las barricadas!
por el triunfo de la Confederación.
¡A las barricadas! ¡A las barricadas!
por el triunfo de la Confederación.
Hijo del pueblo, te oprimen cadenas,
y esa injusticia no puede seguir;
si tu existencia es un mundo de penas
antes que esclavo prefiere morir.
En la batalla, la hiena fascista.
por nuestro esfuerzo sucumbirá;
y el pueblo entero, con los anarquistas,
hará que triunfe la libertad.
Trabajador, no más sufrir,
el opresor ha de sucumbir.
Levántate, pueblo leal,
al grito de revolución social.
Fuerte unidad de fe y de acción
producirá la revolución.
Nuestro pendón uno ha de ser:
sólo en la unión está el vencer.
¡Arriba los pobres del mundo!
¡En pie los esclavos sin pan!
Alcémonos todos, que llega
La Revolución Social.
La Anarquía ha de emanciparnos
de toda la explotación.
El comunismo libertario
será nuestra redención.
Agrupémonos todos
a la lucha social.
Con la FAI lograremos
el éxito final.
Color de sangre tiene el fuego,
color negro tiene el volcán.
Colores rojo y negro tiene
nuestra bandera triunfal.
Agrupémonos todos
a la lucha social.
Con la FAI lograremos
el éxito final
Los hombres han de ser hermanos,
cese la desigualdad.
La Tierra será paraíso
libre de la Humanidad.
Agrupémonos todos
a la lucha social.
Con la FAI lograremos
el éxito final
Agrupémonos todos
a la lucha social.
Con la FAI lograremos
el éxito final.
Arroja la bomba
que escupe metralla.
Coloca petardo,
empuña la "Star".
Propaga tu idea revolucionaria
hasta que consigas
amplia libertad.
¡Acudid los anarquistas
empuñando la pistola
hasta el morir,
con petróleo y dinamita,
toda clase de gobierno
a combatir y destruir!
Es hora que caiga
tanta dictadura
vergüenza de España
por su proceder.
No más militares,
beatas ni curas.
Abajo la Iglesia
que caiga el Poder.





















Notas[editar | editar a fonte]

  1. McKay (2011)
  2. http://www.answerbag.com/a_view.php/4260 (en inglés).
  3. Valín Fernández, Alberto (2006). Ediciones Universidad de Salamanca, ed. "La masonería y el movimiento obrero: imagos e ideas para una reflexión teórica". Studia Historica (en castelán) (23): 23–63. Consultado o 11-11-2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mckay, Iain et alli (2009). "Appendix: The Symbols of Anarchy". An anarchist FAQ (PDF) (en inglés). [The Anarchist Library Anti-Copyright]. Editorial Collective. pp. 3168–3185. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]