Estandarte do corvo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O estandarte do corvo foi unha bandeira posibelmente de natureza totémica empregada por varios xefes tribais viquingos e outros rexentes escandinavos entre os séculos IX e XI.
Índice |
Características [editar]
A bandeira é descrita na arte nórdica de forma aproximadamente triangular, co bordo externo arredondado, do que penduran unha serie de borlas. Posúe certa semellanza cos cataventos tallados utilizadas nas proas dos drakkar.[1] Conxectúrase que o estandarte do corvo era un símbolo do deus da guerra Odín, quen ás veces era descrito coa compañía de dous corvos chamados Hugin e Munin, e a súa intención ao portala en batalla puido ser provocar o temor dos inimigos invocando o poder do deus.[2]
Notas [editar]
- ↑ Personal Display for Viking Age Personae: A Primer for Use in the SCA
- ↑ The Function of the Beasts of Battle in Old English Poetry. Tese de doutorado de Hrafnhildur Bodvarsdottir (1976), Universidad de Nova York
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- O estandarte do corvo en "Flags Of The World" (en inglés)
|
||||||||||||||||||||||||||||||