Escudo da Illa de Man

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo da Illa de Man
Coat of arms of the Isle of Man.svg
Detalles
Armiger Raíña Sabela II
Adoptado 1996
Crista Escudo de Armas con coroa imperial
Escudo En goles, representación dun tríscele en prata decorado en ouro
Alicerce Termando do escudo hai un falcón peregrino e un corvo.
Divisa Quocunque jeceris stabit

O Escudo da Illa de Man data do 12 de xullo de 1996. Como a Illa de Man é unha dependencia da coroa, as armas son máis correctamente descritas como As armas da súa Maxestade en dereito da Illa de Man.

As armas consisten nun brasón vermello onde aparece representada un tríscele. O tríscele é un emblema celta (chamado tamén as Tres Pernas de Man) que está formado pola unión de tres extremidades inferiores por onde deberían estar os cadrís dunha persoa, e dobradas polos xeonllos. As dedas dos pés deben sinalar no sentido das agullas do reloxo. O escudo está suxeito por dúas figuras: á dereita, un falcón e á esquerda, un corvo. As armas están timbradas pola Coroa de San Eduardo, que é a coroa real británica. Na parte inferior aparece o lema nacional: “Quocunque Jeceris Stabit” (Aló onde o tires quedará).