Niflheim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Niflheim (tamén escrito 'Niflheimr' ou 'Nifelheim', «Fogar da néboa»), na mitoloxía nórdica, é o reino da escuridade e das tebras, envolto por una néboa perpetua.[1] Nel habita o dragón Níðhöggr, que roe sen cesar as raíces do freixo Yggdrasil. Despois do Ragnarök, o dragón adicarase a atormentar as almas que queden no mundo.

Nun dos mitos cosmogónicos, Niflheim é a materia fría, o oposto ó Muspelheim ou materia quente. O mundo naceu do choque destas dúas materias no espazo máxico, chamado Ginnungagap.

Unha das partes máis escuras do enorme e xélido Niflheim é Helheim, onde reina a deusa ou xigante Hela, co seu can Garm.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Grant, John (2008), Os viquingos, cultura e mitoloxía, Köln, Alemaña ISBN 978-3-8365-0276-4 p. 35