Skaði

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Skadi cazando nas montañas (1901) by H. L. M.
Skaði, segundo Lorenz Frølich.

Na mitoloxía nórdica, Skaði (ou Skade) era a deusa do inverno e cazadora con arco. Era filla do xigante Þjazi, e cando este foi asasinado polos Æsir, Skaði marchou a Asgard en busca de vinganza. Temeroso de enfrontarse á deusa do inverno, Odín ofreceulle a Skaði poñer os ollos do seu pai como estrelas e desposarse cun deus. A única condición imposta foi que debía elixir compañeiro con só verlle os pés ós candidatos. Ela desexaba escoller a Baldr, pero errou e escolleu a Njörðr, o deus do mar. Non estaban feitos o un para o outro e, finalmente, separáronse. Hai outra versión na que casa con Ullr e outras nas que ten varios fillos con Odín.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]