Ullr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Pedra de Böksta amosa unha figura en esquís e cun arco, posiblemente Ullr.

Na mitoloxía nórdica, Ullr é un dos deuses maiores do panteón escandinavo, ou un epíteto dun deus importante de tempos prehistóricos. Tamén é coñecido como Wulþuz, que significa gloria no antigo nórdico.

No inglés antigo, wuldor significa "gloria", pero non é usado como un nome propio, aínda que aparece frecuentemente nos nomes para referirse ó Deus cristián, como wuldres cyning "Rei da Gloria", wuldorfæder "pai glorioso" ou wuldor alwealda "glorioso gobernante de todo ".

A palabra nórdica medieval foi latinizada como Ollerus. En islandés chámaselle Ullur e na maioría das linguas escandinavas a forma moderna é Ull.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]