Pedra rúnica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As estelas rúnicas son pedras con inscricións rúnicas. Xeralmente aplícase o término a rochas erixidas como monumentos, pero tamén é válido para inscricións en pedras máis cativas e alicerces. A tradición comezou no século IV, pero a maioría datan da Era viquinga, e continuouse ata o século XII. Localízanse principalmente en Escandinavia e son particularmente numerosas en Suecia, onde atoparon máis de 3430 pedras rúnicas, aínda que hai en todo-los lugares onde se asentaron os viquingos. A suma total no mundo ascende a unhas 6000. As pedras rúnicas xeralmente eran monumentos conmemorativos da morte dalgún home e orixinalmente moitas estaban decoradas con cores rechamantes.

Historia[editar | editar a fonte]

A tradición de erixir pedras con inscricións rúnicas aparece por primeira vez entre o século IV e o século V en Noruega e Suecia, estas primeiras pedras rúnicas están habitualmente situadas xunto a tumbas.[1][2] as pedras rúnicas más antigas en Dinamarca apareceron entre o século VI e o século VII,[2] e hai unhas 50 en Escandinavia do período das invasións.[3] A meirande parte das pedras rúnicas fixéronse no período entre o 950-1100 e a maioría erixíronse en Suecia e Dinamarca, e unhas poucas en Noruega e as Illas Británicas.[1]

Pedra de Snoldelev unha das pedras rúnicas máis antigas en Dinamarca.

Esta tradición menciónase na saga dos Ynglings e o poema Hávamál:

Para os homes notables debe erixirse un montículo na súa memoria, e para todo-los guerreiros que se distinguiron pola súa virilidade unha pedra vertical, un costume que ven de antigo dos tempos de Odín.
—Saga Ynglinga[4]
A Pedra grande de Jelling que provocou o estilo principal das pedras rúnicas.
Un fillo é mellor,
Aínda que tarde naceu,
E o seu pai cumpriu coa morte;
Pedras na memoria
Rara vez se erguen xunto ó camiño
Gardan as honras rendidas polos seus familiares.
Hávamál[5]

A maioría das pedras rúnicas teñen un estilo que se orixinou nos anos arredor de 960 en Dinamarca. O rei Harald Dente azul acabara de ser bautizado e ordenou construír, para marcar a chegada da nova era e da nova orde, as pedras de Jelling.[6] A inscrición da pedra grande di:

O rei Harald ordenou construír este monumento en memoria de Gorm, o seu pai, e na memoria de Þyrvé, a súa nai; e que Harald gañou para si toda Dinamarca e Noruega e fixo cristiáns ós dinamarqueses.[6][7]

Esta pedra rúnica ten tres lados dos cales dous están decorados con imaxes. Nunha cara hai un animal que será o prototipo de todo-los animais rúnicos gravados nas demais pedras, e na outra cara está a máis antiga das representacións dinamarquesas de Xesús. Esta pedra marcou a tradición rúnica de Escandinavia. Pouco despois, as inscricións dos xefes tribais dos principais clans nórdicos trataron de imitar ó rei Harald, e dende Dinamarca, o novo estilo propagouse cara ó norte chegando a Suecia, onde influiría na creación do estilo principal, o estilo Urnes. Na maioría dos distritos, a moda declinaría tras unha xeración, pero nas provincias centrais suecas de Uppland e Södermanland o estilo durou ata o século XII.[6]

Pedra da Igrexa de Resmo en Öland repintada. Actualmente no Museo histórico de Estocolmo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Artículo runsten en Nationalencyklopedin (1995), tomo 16, p. 91-92.
  2. 2,0 2,1 Zilmer 2005:38
  3. Olstad, Lisa (December 16, 2002). "Ein minnestein for å hedre seg sjølv"
  4. saga Ynglinga tradución en inglés, en Northvegr.
  5. bellowshovamol Bellows 1936:44
  6. 6,0 6,1 6,2 Harrison & Svensson 2007:192
  7. Entrada DR 42 en Rundata.