Escaldo
Os escaldos (do termo skald) son poetas-guerreiros viquingos que pertencían á corte dos reis escandinavos durante a Idade Media.
Servían ós monarcas louvándoos en composicións poéticas como os drápar que principalmente tiñan a función de exaltar a súa xenerosidade ou o heroísmo que amosaron nalgunha batalla. As súas obras constitúen a chamada poesía escáldica, caracterizada polo verso aliterativo e figuras retóricas, unha das cales era o kenning.
Famosos escaldos son protagonistas das sagas como por exemplo, Egill Skallagrímsson, da saga do seu mesmo nome.
O verdadeiro papel dun escaldo non era unicamente de compositor de poemas, na Idade Media tamén eran considerados cronistas, escritores, testemuñas da historia e, en certa medida, o seu perfil era como os xornalistas da actualidade. Olaf II de Noruega menciónao moi claramente pouco antes da batalla de Stiklestad:
- El chamou ós seus escaldos e ordenoulles entrar na sala da súa fortaleza. "Vós debedes estar aquí", dixo, "e ser testemuñas de todo o que pasará aquí. Entón non necesitaredes que ninguén vos diga nada, pois poderedes dicilo por vós mesmos e compoñer versos sobre iso máis tarde".[1]
Notas [editar]
- ↑ Snorri Sturluson Óláfs saga helga Cap. 206
|
||||||||||||||||||||||||||||||