Urðarbrunnr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As tres norns no pozo Urðarbrunnr tal como foi descrito por Fredrik Sander na súa tradución de 1893 da Poetic Edda. Gravado en madeira de L. B. Hansen.

Urðarbrunnr (Antigo nórdico "Pozo de Urðr"; ou tamén referido ó concepto xermánico de destino —urðr— ou á norn chamada Urðr[1]) é un pozo de auga da Mitoloxía nórdica. Urðarbrunnr aparece atestado na Edda poética, compilada no século XIII a partir de distintas fontes tradicionais, e na Edda prosaica, escrita no século XIII polo islandés Snorri Sturluson. En ámbalas fontes, o pozo atópase baixo a árbore do mundo Yggdrasil, e é asociado co trío das Norns (Urðr, Verðandi e Skuld). Na Edda prosaica, Urðarbrunnr é citada como un dos tres pozos que existen baixo as raíces de Yggdrasil, que están localizados en tres terras diferentes; os outros dous pozos son Hvergelmir, localizado baixo a raíz en Niflheim, e Mímisbrunnr, localizado preto do fogar dos jötnar de xeo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Simek (2007:342).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]