Völundr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxes da lenda de Völundr nunha "pedra ilustrada de Gotland". A ferraría de Völundr no centro, Bodvild (filla de Niðuðr) á esquerda, os seus dous irmáns mortos escondidos á dereita da ferraría. Entre a rapaza e a ferraría atópase Völundr escapando baixo a forma dunha aguia. Pedra VIII de Ardre (Gotland, Suecia), séculos VIII ou IX.

O mestre ferreiro e artesán Völundr é un personaxe da mitoloxía nórdica. A súa historia aparece nunha parte da Edda Poética chamada ''A Balada de Völundr" (Völundarkvida‎ en nórdico antigo, Völundskvädet en sueco e Volundkvadet en noruegués). É mencionado tamén en fontes anglosaxoas como Beowulf, así como nunha colección de poesía alemá do século XIII (Das Heldenbuch o Der Helden Buoch, "O libro dos heroes").[1]

Notas[editar | editar a fonte]