Hoenir
Na mitoloxía nórdica Hœnir era un deus que formaba parte dos Æsir. Canda Mimer foi cos Vanir como parte do intercambio realizado como pacto para finalizar a guerra entre ambos grupos de deuses. Os Vanir convertérono nun dos seus membros pero el era indeciso e relegáballe a Mimer todas as súas decisións. Este feito é mencionado na saga dos Ynglings, onde se lle chama Hone. A figura deste deus é enigmática, xa que a pesar de non darse demasiada información sobre el, aparece nos eventos máis importantes da mitoloxía nórdica, como a guerra entre os Æsir e os Vanir, a creación dos primeiros homes e a batalla da fin do mundo, o Ragnarök.[1]
Na Völuspá, Hœnir e Lóðurr axudáronlle a Odín na creación do primeiro home, Ask e a primeira muller, Embla. Hœnir foi o encargado de darlles os sentidos a estes primeiros homes.[3] En Gylfaginning, estes son substituídos por Vili e Ve.[4] Como Snorri coñecía a Völuspá, é probable que Hœnir fora outro nome para Vili.
En Skáldskaparmál o deus é mencionado nunha travesía xunto a Odín e Loki onde se encontran co xigante Þjazi baixo forma de aguia cando se deteñen a preparar comida.[5]
En Haustlöng consérvase un relato similar ao de Skáldskaparmál, onde Þjazi pide a Hœnir unirse á comida.
No prólogo de Reginsmál relátase que Hœnir xunto a Odín e Loki chegaron até a cascada onde moraba o anano Andvari que tiña a habilidade de transformarse en peixe e que máis tarde Loki lle roubaría o seu oro e o anel Andvarinaut.
Segundo a Völuspá, Hœnir foi un dos poucos deuses que logrou sobrevivir ao Ragnarök.
Notas [editar]
- ↑ Lindow, John (2001). Norse Mythology: A Guide to the Gods, Heroes, Rituals, and Beliefs. ISBN 0-19-515382-0.
- ↑ Tradución de: "Saga Ynglinga, capítulo 4". Heimskringla. http://omacl.org/Heimskringla/ynglinga.html.
- ↑ Snorri Sturluson. "Völuspá, estrofa 18". Edda poética. trad. Arthur Gilchrist Brodeur (1916). http://www.cybersamurai.net/Mythology/nordic_gods/LegendsSagas/Edda/PoeticEdda/Voluspo.htm.
- ↑ Snorri Sturluson. "Gylfaginning, capítulo 9". Edda prosaica. trad. Arthur Gilchrist Brodeur (1916). http://www.cybersamurai.net/Mythology/nordic_gods/LegendsSagas/Edda/ProseEdda/GylfaginningI-X.htm#gylf9.
- ↑ "Skáldskaparmál, capítulo 43". Edda prosaica. trad. Arthur Gilchrist Brodeur (1916). http://www.cybersamurai.net/Mythology/nordic_gods/LegendsSagas/Edda/ProseEdda/SkaldskaparmalXLI-L.htm#skald43.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
||||||||||||||||||||||||||||||