Höder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Loki engana a Höðr para que mate a Baldr.

Na mitoloxía nórdica, Höðr era un deus cego, irmán de Baldr. Matou involuntariamente ao seu irmán e morreu a mans de Vali, fillo de Odín.

Segundo o relatado nas Eddas, o deus Baldr tiña pesadelos nos que presaxiaba a súa morte, e súa nai, a deusa Frigg recorreu o mundo facéndolle xurar a todas as cousas que xamais danarían ao seu fillo. Loki soubo disto e enfureceuse, indo a falar con Frigg disfrazado e esta mencionoulle que non consideraba necesario facer xurar ao visgo, por consideralo inofensivo. Loki ao saber isto fixo un dardo utilizando unha rama de visgo e guiou a Höðr para que o lanzase como unha broma, matando así a Baldr.[1]

Noutra versión diferente do mito relatado en Gesta Danorum, non se fai mención de Loki e Baldr é matado por Höðr dunha puñalada.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gylfaginning, capítulo 49". Edda prosaica. trad. Arthur Gilchrist Brodeur. http://www.cybersamurai.net/Mythology/nordic_gods/LegendsSagas/Edda/ProseEdda/GylfaginningXLI-LIV.htm#gylf49. Consultado o 17 de agosto de 2010.
  2. Saxo Grammaticus. "Gesta Danorum, libro 3". trad. Douglas B. Killings. http://omacl.org/DanishHistory/book3.html. Consultado o 17 de agosto de 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]