Illas Shetland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira das Illas Shetland
Mapa das Illas Shetland

As illas Shetland son un grupo de illas do océano Atlántico setentrional situadas entres as illas Feroe, ao suroeste de Noruega e Gran Bretaña. Lixeiramente por enriba dos 60ºN de latitude, representan o extremo setentrional do Mar do Norte. Administrativamente constiúen un dos 32 condados de Escocia.

As illas teñen un total de 1469km², cunha poboación duns 22.000 habitantes, dos cales uns 7.000 viven en Lerwick, a capital.

O clima é húmido e fresco (aínda que suavizado pola influencia da corrente do Golfo). Lerwick acumula 1.140 mm en 181 días de precipitación ao ano. As temperaturas, moi constantes ao longo do ano (debido á latitude) son de 7 °C de media, con 12 °C en xullo e agosto e 3 °C en xaneiro e febreiro.

Historia e cultura[editar | editar a fonte]

Despois de seren colonizadas polos escandinavos e formar parte de Noruega durante toda a Idade Media, as illas pasaron á coroa escocesa o 20 de febreiro de 1472. Durante a Segunda Guerra Mundial barcas procedentes das Shetland, coñecidas como "Shetland bus", proporcionaron axuda á Noruega ocupada, e evacuaron fuxitivos.

Como lingua da poboación, o antigo norn foi reemprazado por un dialecto insular do scots chamado shetlándico, que á súa vez está sendo substituído polo inglés.

Xeografía e xeoloxía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Lista das illas Shetland.

As Shetland están aproximadamente a 170 km. ao norte de Escocia, ten unha superficie de 1.468 km² e ten unha costa de 2.702 km. de longo. Das aproximadamente 100 illas, só 16 están habitadas. A illa principal do grupo é coñecida como Mainland. As outras illas habitadas son: Bressay, East Burra, West Burra, Fetlar, Muckle Roe, Papa Stour, Trondra, Vaila, Unst, Whalsay, Yell no grupo de illas principal das Shetland, ademais Foula ao suroeste, Fair Isle ao sur, e Housay e Bruray no arquipelago de Out Skerries cara ao este .

As illas deshabitadas incluen Out Stack, o punto maís setentrional das Illas Británicas e Mousa coñecida polo Broch de Mousa, unha torre redonda da Idade do Ferro. Que é o mellor exemplo conservado en Escocia.

A xeoloxía das Illas Shetland é complexa, con numerosas fallas e pliegues. Gran parte da economía das Illas Shetland depende dos sedimentos que conteñen petróleo nos mares circundantes.

Economía[editar | editar a fonte]

A pesca e a gandaría perderon peso ante a explotación do petróleo e o gas natural dos xacementos próximos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]