Einherjar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Walhalla" (1905) por Emil Doepler.

Os Einherjers son os guerreiros mortos en batalla que son elixidos por Odín por seren dos máis valentes, e son levados ao Valhalla polas valquirias a ter a súa vida de gozo e de adestramentos, preparándose para o Ragnarok e que axudarán a Odín na súa pelexa contra os xigantes malignos. Están armados con dúas grandes machadas de combate ou espadas, escudo e unha armadura.