Canuto o Grande
Canuto o Grande nado no ano 995 e finado en Shaftesbury no 1035 foi un rei de Dinamarca, dono de Escandinavia.
[editar] Traxectoria
Foi proclamado rei en Londres, facéndose soberano de Inglaterra, contra a que seu pai Sven dirixira unha expedición nas súas guerras contra os anglosaxóns. Casado con Enma, a viúva do monarca anglosaxón Etelredo II, por influencia desta convértese ao cristianismo e reedifica igrexas e mosteiros destruídos polos viquingos. Eríxese tamén en defensor dos desvalidos. Repartiu terras entre o seu séquito e establece novos ducados.
Trala morte do seu irmán Harold, é proclamado rei de Dinamarca. No ano 1027 viaxou a Roma para asistir á coroación do Emperador Conrado II. Alí chegou a un acordo co Papa Bieito VIII, quen lle garantiu a seguridade dos peregrinos e lle concedeu unha diminución dos gravames sobre a xerarquía eclesiástica anglosaxoa.
En 1028 conquista Noruega e domina boa parte de Suecia, sendo coñecido como defensor de Irlanda.
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
