Rindr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rindr (antigo nórdico) ou Rinda (Latinizado) é unha personaxe feminina da mitoloxía nórdica, descrita como unha xiganta, unha deusa ou unha princesa humana do leste (dalgún lugar da actual Rusia). O seu fillo Váli é froito da súa unión con Odín.

É mencionada tamén na Gesta Danorum, unha obra evemerista escrita dende unha óptica cristiá onde as figuras mitolóxicas están moi terxiversadas. Neste texto é chamada Rinda e era filla do rei dos rutenios. Enxendra a Bous, que é o nome de Váli nese texto, tras ser enganada con feitizos por Odín.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Saxo Grammaticus. "Gesta Danorum, libro 3". trad. Douglas B. Killings. http://omacl.org/DanishHistory/book3.html.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]