Asgard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na mitoloxía nórdica, Asgard (do antigo nórdico Ásgarðr, 'recinto dos Æsir'[1]) é o mundo dos Æsir,[2] gobernado por Odín e a súa esposa Frigg e rodeado por unha muralla incompleta, atribuída a un anónimo hrimthurs, amo do cabalo semental Svaðilfari, de acordo a Gylfaginning. Dentro de Asgard, atópase o Valhalla.

Forma parte dun dos Nove Reinos de Yggdrasil (ou Yggdrasill), un freixo tamén chamado a árbore da vida ou freixo do universo da mitoloxía nórdica. Das raíces e pólas da árbore, mantéñense unidos os mundos de Asgard, Midgard, Helheim, Niflheim, Muspelheim, Svartalfheim, Alfheim, Vanaheim e Jötunheim.

Construción[editar | editar a fonte]

Trala guerra cos Vanir, as súas murallas foron destruídas, quedando vulnerable ó ataque dos xigantes. Para reconstruílas, os Æsir contrataron os servizos dun xigante que acordou reparar as murallas nun tempo moi curto, e os deuses aceptaron influídos por Loki, que de ter sido así, cederíanlle en pago polo seu traballo o Sol, a Lúaa, e á deusa Freia. O arquitecto posuía un cabalo marabilloso quen de transportar nun instante masas incribles de rocha chamado Svadilfari; tanto e tan ben actuou que, poucos días antes do prazo fixado, o pazo aproximábase á súa perfección. Os deuses, que estableceran o pacto porque crían que o xigante non sería quen de cumprilo, sentiron medo, e ocorréuselles crear unha egua marabillosa (que era, de feito, Loki disfrazado), á que puxeron no camiño do cabalo. Este abandonou o seu traballo para perseguila, e o xigante non puido rematar o traballo como prometera. Furioso pola súa derrota, o xigante quixo lanzarse contra os deuses, pero Thor derrubouno.

Fontes[editar | editar a fonte]

Na Edda prosaica, Gylfi, rei de Suecia antes da chegada dos Æsir baixo o mando de Odín, viaxa a Asgard e cuestiona ós tres oficiais sobre os Æsir, e estes engánano. Os oficiais só teñen un ollo, signo de Odín. Un dos seus atributos é que pode facer que o falso pareza certo. Manuscrito islandés do século XVIII.

As fontes primarias sobre Asgard proveñen da Edda prosaica, escrita no século XIII polo escritor islandés Snorri Sturluson, e da Edad poética, compilada tamén no século XIII, sobre unha base de poemas escáldicos moito máis antigos.

Edda poética[editar | editar a fonte]

Völuspá, o primeiro poema da Edda, menciona varias das características e lugares do Asgard descrito por Snorri, como por exemplo, Yggdrasil e Iðavöllr.

Edda prosaica[editar | editar a fonte]

A Edda prosaica presenta dúas visións de Asgard.

[editar | editar a fonte]

No prólogo, Snorri da unha interpretación influenciada polo cristianismo sobre os mitos e contos dos seus antergos. Sturluson conxectura que As-gard é o fogar dos Æsir (singular Ás) en As-ia, facendo unha conexión etimolóxica popular entre os tres "As-"; isto significa que os Æsir eran en realidade "homes de Asia", e non deuses, que migraron de Asia ó norte e que algúns comezaron a casar coa xente da rexión. As interpretacións de Snorri, presaxian as ideas do século XX da migración indoeuropea dende o leste.

Snorri tamén escribe que Asgard é unha terra máis fértil que ningunha outra, bendicida cunha gran abundancia de ouro e xoias. Os Æsir sobresaían entre todas as demais persoas pola súa forza, beleza e talento.

Snorri propón a localización de Asgard como Troia, centro da terra. Nela había 12 reinos e 12 xefes. Un deles, Múnón, casou coa filla de Príamo, Tróán, e tivo un fillo con ela, Trór, que en antigo nórdico pronunciábase Thor (deus)Thor. Este último foi criado en Tracia. Ós doce anos de idade, era máis branco que o marfil, tiña o cabelo máis claro que o oro e podía erguer 10 peles de osos á vez. Cos años, explorou ó longo e ancho do mundo. Odín, liderou unha migración ás terras setentrionais, onde se xuntou con moitas esposas e tivo moitos fillos, poboando todo o norte con Aesir. Un dos fillos de Odín era Yngvi, fundador da casa de Yngling, unha antiga dinastía real sueca.

Gylfaginning[editar | editar a fonte]

Unha representación de como Odín, Vili e crearon o mundo. Ilustración de Lorenz Frølich.

En Gylfaginning (”Engano de Gylfi”), Snorri presenta a súa versión mitolóxica. Nese momento, os islandeses estaban sendo convertidos ó cristianismo, polo que el non puido presentar os mitos como parte dunha crenza actual. Recorre, en troques, a unha estrataxema desacreditadora: Gylfi, rei de Suecia anterior ós Æsir, viaxa a Asgard e encóntrase cun gran salón (Valhalla) na segunda sección.

Dentro hai tres oficiais, ós que Gylfi, baixo a aparencia de Gangleri, pódelles facer preguntas sobre Asgard e os Æsir. O que sigue é unha revelación dos antigos mitos, pero ó final, o pazo e a xente desaparecen nun trono e Gylfi encóntrase só nunha chaira tras ter sido enganado (Sección 59).

En Gylfaginning, o antigo Asgard estaba rexido por un deus maior, o pai de todo, que tiña doce nomes. Era o señor de todo e o creador do ceo e a terra (Sección 3). Durante a creación, a vaca cósmica Auðumbla lambeu a Buri do xeo. O seu fillo, Bor enxendrou a Odín, Vili e , que construíron o universo dos restos del xigante Ymir e puxeron a Midgard nel como residencia para a primeira parella de humanos, Ask e Embla, que crearon na sección 9.

Os fillos de Bor construíron Asgard como un fogar para os Æsir. Asgard está concibida na terra, e un ponte de arco da vella, Bifröst, conecta co paraíso (Sección 13). Dentro de Asgard hai un templo para os 12 deuses, Glaðsheimr, e outro para as 12 deusas, Vingólf e a chaira de Iðavöllr é o centro (Sección 14).

Despois do Ragnarök, a terra volverase a erguer do mar, máis fermosa que antes, e onde antes se erixía Asgard, os remanentes dos Æsir uniranse tras saír de Helheim.

Skáldskaparmál[editar | editar a fonte]

O escaldo do século X, Þorbjörn dísarskáld é citado na Skáldskaparmál declarando:

"Thor defendeu Asgard e ó pobo [os deuses] de Ygg [Odín] coa súa forza."[1]

Heimskringla[editar | editar a fonte]

Saga dos Ynglingos[editar | editar a fonte]

Nas primeiras estrofas da Saga dos Ynglings, Asagarth é a capital de Asaland, unha sección de Asia ó leste do río Tana-kvísl ou Vana-Kvísl (kvísl é "brazo"), o cal Snorri explica é o Tanais, ou o Don, fluíndo cara o Mar Negro.

Odín é o xefe de Asagarth. De alí conduce e envía expedicións militares a tódalas partes do mundo. Ten a virtude de xamais ter perdido unha batalla (sección 2). Cando se encontra lonxe, os seus dous irmáns, Vili e Vé, gobiernan Asaland dende Asagarth.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Norse Mythology: A Guide to the Gods, Heroes, Rituals, and Beliefs. Oxford University Press. ISBN 0-19-515382-0.
  2. Grant, John (2008), Os viquingos, cultura e mitoloxía, Köln, Alemaña ISBN 978-3-8365-0276-4 p. 23