Seiðr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación de Oðinn cabalgando en Sleipnir. No paganismo nórdico, Oðinn era a principal deidade asociada co Seiðr.

Seiðr (a miúdo anglicizado como seidhr, seidh, seidr, seithr ou seith) é un termo en lingua nórdica antiga para un tipo de feitizos ou bruxerías que foi practicado polos pagáns nórdicos. A expresión tamén pode ser utilizada para referirse a reconstrucións do neopaganismo moderno ou a emulacións de ditas prácticas.

Visión xeral[editar | editar a fonte]

O seiðr involucraba o encantamento con feitizos, e tamén podían ser chamado galdrar ou galðrar (sing. galdr ou galðr, cf. inglés antigo: gealdor ou galdor). Os practicantes de Seiðr eran sobre todo mulleres (völva, ou seiðkona, lit. "muller seiðr"), aínda que tamén había practicantes masculinos (seiðmaðr, lit. "home seiðr"). Na era viquinga, o seiðr tiña connotacións de ergi ("pouco viril" ou "afeminado") para os homes, xa que os seus aspectos manipuladores ían en contra do ideal de home franco, de conduta sincera. Freia e quizais algunhas das outras deusas da mitoloxía nórdica eran practicantes de seiðr, así como o era Odín, un feito que algúns cren que o avergonzaba, xa que Loki en Lokasenna acusouno de practicante de seiðr como una forma de insulto. Porén, outros cren que por ser o máis importante de todo-los deuses, estaba por riba desas leis morais, así como os deuses nas relixións politeístas doutros pobos indoeuropeos. Os anglosaxóns tiñan palabras que ó parecer eran cognados de seiðr: siden e sidsa, ámbalas dúas utilizadas en contextos que suxiren que eran usadas por elfos (ælfe); estas ó parecer tiñan un significado similar a seiðr (Hall 2004, pp. 117-30). Entre as palabras en inglés antigo para designar ós practicantes de maxia estaban as verbas wicca (m.) ou wicce (f.), etónimos da palabra en inglés moderno witch (bruxa) pero sen conexión algunha entre wiccan e siden ou sidsa.