Hörgr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un hörgr (antigo nórdico, plural hörgar) ou hearg (inglés antigo) era un tipo de construción relixiosa ou altar. Posiblemente consistía nunha morea de pedras, usadas no paganismo nórdico. Os Hörgar están atestados na Edda poética, unha compilación do século XIII a partires de fontes tradicionais; na Edda prosaica, escrita no século XIII por Snorri Sturluson, sagas, na poesía de skalds, no poema anglosaxón Beowulf, e en varios nomes de lugares, a miúdo conectados cos deuses xermánicos.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Rudolf Simek di que un hörgr pode significar orixinal e exclusivamente "lugar sagrado", mentres que a palabra en inglés antigo hearg podería significar "fraga sagrada" e/ou "templo, ídolo".[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Simek (2007:156).