Dís

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O heroe viquingo Ragnar Lodbrok exclamou no Krákumál: "as dísir chámanme á súa casa (ó Valhalla)". Ilustración dunha dama recibindo a Odín. Pedra de Tjängvide, Gotland.

Na mitoloxía nórdica, unha dís ("dama" en antigo nórdico, e dísir en plural) é unha pantasma, espírito ou deidade asociada co destino que poden ser benevolentes ou malvadas coa xente mortal. As Dísir actuaban como espíritos protectores dos clans nórdicos. A súa función orixinal era posiblemente a de ser deusas da fertilidade. As dísir, como as valquirias, norns e vættir son case sempre referidas colectivamente.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Else Mundal, "The Position of the Individual Gods and Goddesses in Various Types of Sources - With Special Reference to the Female Divinities," (1990) Bergen Open Research Archive, pp. 310-11 (pdf).