Rán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Rán" (2004) de Anker Eli Petersen.

Na mitoloxía nórdica, Rán (antigo nórdico "mar") é unha deusa do mar. Dacordo co libro Skáldskaparmál da Edda prosaica escrita por Snorri Sturluson, e co poema Lokasenna da Edda poética, é a muller do xigante Ægir, co cal tivo nove fillos. Snorri tamén di que ten unha rede coa que tenta capturar homes que se adentran no mar.

A súa rede tamén é mencionada na Reginsmál e na Saga Völsunga, nas que lle deixa o aparello a Loki para que poida capturar a Andvari. Tamén está relacionado con ela a tradición dos mariñeiros de levar ouro con eles para calquera viaxe, de xeito que se afogaban no mar, Rán quedaría satisfeita polo seu agasallo. [1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]