Nīþ

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na sociedade xermánica, nīþ (nórdico antigo níð; inglés antigo nīþ, nīð; era un termo que implicaba a perda da honra e a estigmatización do individuo como malvado. En inglés medio existía un termo cognado, nithe, que significaba "envexa", "odio", ou "malicia".[1]

Un término relacionado era ergi, que comportaba unha connotación de falta de virilidade.

Níð, argr, ragr e ergi[editar | editar a fonte]

Ergi e argr ou ragr pódense considerar especificamente como palabras malsoantes ou graves insultos para acusar a un individuo de "covarde", e debido á gravidade e severidade do termo, as vellas leis escandinavas esixían unha retribución fronte a tal acusación ou, no seu defecto, o xusto castigo para o acusador se non fose certo.

O código grágás islandés (lei do ganso gris)[2] fai referencia a tres palabras equivalentes a "argr": ragr, strodinn, e sordinn, as tres significaban o rol pasivo dun home en actividades sexuais con outros homes.[3] Outro concepto semántico de argr, ragr e ergi era, segundo o grágás, "sincero (achegado) amigo do feiticeiro".

Outros exemplos das leis escandinavas: A lei de Gulating[4] refírese a "non ser suficientemente home", "ser un escravo" ou "seiðmaðr (feiticeiro)". As leis de Bergen[5] tamén se refiren ó "seiðmaðr", ou "o desexo de manter relacións sexuais como macho pasivo (kallar ragann)". A lei de Frostothing[6] refírese ó "desexo masculino de manter baixas relacións sexuais". Polo tanto, aparentemente o término ergi estaba fortemente condicionado, non só no senso de bruxería, falta de virilidade, debilidade e amaneiramento, tamén á luxuria e perversión sexual dende o punto de vista dos pobos nórdicos durante a Idade Media. Os Ergi ou afeminados eran considerados como individuos de excesiva luxuria rozando a tolemia máis extrema.[7]

O significado do adxectivo argr ou ragr (en anglosaxón "earg") estaba vencellado a unha natureza ou aparencia afeminada, especialmente en actos obscenos. Argr era o peor, o insulto máis derogatorio coñecido das linguas nórdicas. Segundo a lei islandesa, esperábase que o acusado matase ó seu acusador inmediatamente.[8] Se o acusado non respondía con violencia, tiña o dereito a demandar unha compensación cun duelo, o holmgang, esixindo a retirada do insulto ó acusador ou no seu defecto retalo a morte, coa fin de probar que o acusado non era un ser débil e covarde por no responder axeitadamente.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Siglo XV níþ de Bosworth & Toller (1898/1921). An Anglo-Saxon dictionary, based on the manuscript collections of the late Joseph Bosworth, edición y ampliación de T. Northcote Toller, Oxford University Press
  2. Isländisches Recht - Die Graugrans.
  3. Seebold, Elmar (Ed.): Art. arg, in: Kluge. Etymologisches Wörterbuch der deutschen Sprache, 24. Auflage, Berlin, New York 2002, S. 58.
  4. Norwegisches Recht - Das Rechtsbuch des Gulathings.
  5. Stadtrecht des Königs Magnus Hakonarson für Bergen - Bruchstücke des Birkinselrechts und Seefahrerrechts der Jónsbók.
  6. Norwegisches Recht - Das Rechtsbuch des Frostothings.
  7. Ruth Karras Mazo: Sexualität im Mittelalter. Aus dem Amerikanischen von Wolfgang Hartung, Düsseldorf 2006, p. 275 - 277.
  8. Kommentar zu den Liedern der Edda. B. Sijmons.
  9. Das Strafrecht der Isländersagas.