Fólkvangr
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Freia" (1882) de Carl Emil Doepler.
Na mitoloxía nórdica, Fólkvangr ("campo da xente"[1] ou "campo do exército"[2]) era o lugar de residencia da deusa Freia en Asgard, o mundo dos Æsir. Freia recibía en Fólkvangr a metade dos caídos en combate, pertencendo a outra metade ó deus Odín. Fólkvangr é mencionado na Edda poética, compilado no século XIII das primeiras fontes tradicionais, e na Edda prosaica, escrito no mesmo século por Snorri Sturluson. De acordo coa Edda prosaica, dentro de Fólkvangr atopábase un salón chamado Sessrúmnir.
- Fólkvangr é chamado,
- onde Freia goberna
- ós sentados no seu salón.
- A metade dos caídos escolle cada día,
- e Odín a outra metade.
-
- Gylfaginning, capítulo 24, Edda prosaica[3]
-
A residencia de Freia é listada entre as doce moradas dos deuses no poema Grímnismál da Edda poética.[4]
Notas [editar]
- ↑ Orchard (1997:45).
- ↑ Lindow (2001:118).
- ↑ Tradución libre de: "Gylfaginning, capítulo 24". Edda prosaica. trad. Arthur Gilchrist Brodeur. http://www.cybersamurai.net/Mythology/nordic_gods/LegendsSagas/Edda/ProseEdda/GylfaginningXXI-XXX.htm#gylf24. Consultado o 22/03/2008.
- ↑ "Grímnismal, estrofa 14". Edda poética. trad. Arthur Gilchrist Brodeur. http://www.cybersamurai.net/Mythology/nordic_gods/LegendsSagas/Edda/PoeticEdda/Grimnismol.htm. Consultado o 22/03/2008.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
||||||||||||||||||||||||||||||