Enciclopedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Gran Enciclopèdia Catalana

Unha enciclopedia é un compendio do coñecemento humano.

Concepto[editar | editar a fonte]

Enciclopedia Der Neue Pauly.

O termo procede do grego εγκύκλιος παιδεία (enkyklios paideia), que significa "nun círculo de instrución".

As enciclopedias poden ser xerais, contendo artigos sobre temas de tódalas áreas, ou poden especializarse nun campo en particular (por exemplo, unha enciclopedia de ciencia). Tradicionalmente, a información ordénase alfabeticamente por palabras que describen os temas.

Moitos escritores antigos (coma o filósofo Aristóteles) fixeron o intento de compendiar todo o coñecemento humano. Non obstante, John Harris é quen recibe o crédito por establecer o agora familiar formato de enciclopedia no 1704 co seu Lexicon technicum. A venerábel Enciclopedia Británica tivo un comezo modesto, de 1768 a 1771 publicáronse tan só tres volumes. Quizais a máis famosa enciclopedia antiga foi a Francesa Encyclopédie, editada por Denis Diderot e completada no 1772.

As enciclopedias, pola súa estrutura de palabras e referencias cruzadas, son extremadamente axeitadas para trasladaren os seus contidos do formato impreso ao formato dixital, debido a dúas razóns: primeiro, porque é bastante doado explorar e atopar o que se está buscando e segundo, porque é posíbel engadir sons, vídeos e outros contidos multimedia.

Historia[editar | editar a fonte]

O maior fito do período da Ilustración do Século XVIII é a Encyclopédie ou Dictionnaire raisonné des Sciences, des Arts et des métiers, compilada por un grupo de escritores e homes de ciencia de Francia. De maneira plenamente consciente, estes homes estaban dando as costas tanto á relixión como á metafísica vendo na ciencia pura unha nova forza motriz intelectual.

Reuniron nunha vasta obra tódolos coñecementos científicos da época, non como un mero rexistro alfabético, senón como un relato do modo científico de enfrontárense co mundo. Neste sentido, é especialmente interesante o seu Discours préliminaire des editeurs no que se enmarca o coñecemento humano en tres facultades: Historia, Filosofía e Belas Artes, recoñecendo as dificultades da clasificación das ciencias que se viñan desenvolvendo dende o século XVII.

Estes escritores desexaban forxar un poderoso instrumento para a loita contra o escurantismo das autoridades políticas e relixiosas.

A maioría das figuras culturais e científicas da época colaboraron nesa empresa. Entre elas destacan D'Alembert, Diderot e Voltaire.

Enciclopedias galegas[editar | editar a fonte]

Hai catro enciclopedias galegas.[1] De temática galega, a Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada do ano 1974 de corenta e tres tomos, en lingua castelá e a Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada do ano 2005 en papel e tamén en DVD, en galego.

De temática universal, consultables en liña e editadas en galego son as outras dúas. A Enciclopedia Galega Universal da editorial Ir Indo, que require rexistro e tamén dispón de versión en papel de 16 tomos. E a Galipedia, a versión en galego da Wikipedia, de acceso libre.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Enciclopedias

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]