Orde alfabética

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A orde alfabética é un xeito de ordenar letras ou palabras segundo a organización dun alfabeto dado.

Historia[editar | editar a fonte]

Os documentos arqueolóxicos parecen indicar que as letras dos diferentes alfabetos foron sempre ensinadas nunha mesma orde - propia de cada alfabeto -, se cadra por razóns mnemotécnicas. A orde das letras establecido polo alfabeto lineal e o alfabeto fenicio, por exemplo, foi despois conservada máis ou menos polos alfabetos derivados deles.

A orde alfabética aplicada á clasificación das palabras é un concepto totalmente diferente e a súa utilización non é clara, mesmo cando a clasificación das letras dun alfabeto é obxecto dun consenso.

É posible que a necesidade dunha orde alfabética só apareza cando hai algo que ordenar. Podería parecer, por exemplo, que a orde alfabética comezaría a utilizarse nos alfabetos latino e grego polos sabios de Alexandría. Por exemplo, o «Escolma das palabras que se atopan en Hipócrates», atribuído a Erotiano, utiliza a orde alfabética pero non de maneira rigorosa.

De feito, os dicionarios e os léxicos foron probablemente as primeiras obras en alfabeto latino en utilizar a orde alfabética. Donald Knuth fai mención dun dicionario antigo, que indicaba que a obra contén moitos erros de clasificación das palabras ao proncipio e ben menos ao final, o que suxire que o autor debeu familiarizarse lentamente co seu propio sistema.

En canto a Europa, a orde que parece que prevaleceu ata a metade da Idade Media era a clasificación temática, probablemente por razóns relixiosas (a Biblia utiliza un sistema tal). O uso da orde alfabética, progresivo, está se cadra ligado cunha modificación da maneira de concibir o mundo nesta época. A invención da imprenta dará finalmente pulo a este uso.

Orde alfabética en diferentes linguas[editar | editar a fonte]

Entre as linguas que usan o alfabeto latino, a orde alfabética pode ser diferente:

  • En francés e en inglés, as letras que presentan diacríticos son tratadas como as que non os teñen. En francés, se dúas palabras só se diferencian no acento, a palabra acentuada colócase tradicionalmente despois.
  • En alemán, os umlaut («Ä», «Ö», «Ü») trátanse xeralmente como as letras sen Umlaut, pero para as listas de palabras son consideradas como combinacións «Ae», «Oe» e «Ue». «ß» ordénase xeralmente como «Ss».
  • En sueco, «w» percíbese como unha variante de «V» e non como unha letra distinta. O alfabeto sueco utiliza ademais tres vogais consideradas como distintas e situadas ao final: «Å», «Ä» e «Ö». As mesmas convencións utilízanse en finés.
  • En danés e en noruegués, o alfabeto remata con «Æ», «Ø» e «Å». esta última letra asimílase ás veces a «Aa».
  • O feroés posúe varias letras suplementarias: «Á», «Ð», «Í», «Ó», «Ú», «Ý», «Æ» e «Ø». As consoantes «C», «Q», «W», «X» e «Z» non se usan. En consecuencia, a orde alfabética feroesa difire lixeiramente da orde tradicional do alfabeto latino: A Á B D Ð E F G H I Í J K L M N O Ó P R S T U Ú V Y Ý Æ Ø.
  • En español, a orde preconizada pola Real Academia de la Lengua Española ata 1997 consideraba «CH» e «LL» como letras distintas, situadas respectivamente despois de «C» e «L». Desde 1997, a Academia adoptou o uso convencional de situalos tras «CG» e «LK». Pola contra, «Ñ» sempre se clasificou tras «N». O galego segue estas últimas regras.
  • O galés posúe regras máis complexas: as combinacións «CH», «DD», «FF», «NG», «LL», «PH» e «TH» considéranse ás veces letras únicas, ordenadas tras o primeiro grafema da combinación, coa excepción de «NG», que se clasifica detrás de «G». Con todo, estas combinacións non sempre son consideradas letras únicas: por exemplo, o galés clasifica así as palabras seguintes: LAWR, LWCUS, LLONG, LLOM, LLONGYFARCH. A primeira destas palabras, que xustapón «LLON» e «GYFARCH», non utiliza a letra «NG».
  • En holandés, a combinación «IJ» era antes ou considerada como «Y», ou clasificada tras esta, pero hoxe en día clasifícase normalmente entre «II» e «IK», agás no caso dos nomes propios.
  • En islandés, «Ð» segue a «D» e «Þ» engádese ao final do alfabeto.
  • En polaco, «Ą» segue a «A», «Ć» a «C», «Ę» a «E», «Ł» a «L», «Ń» a «N», «Ó» a «O», «Ś» a «S», «Ź» e «Ż» a «Z».
  • En checo e eslovaco, as vogais acentuadas («Á», «É», «Í», «Ó», «Ô», «Ú», «Ů» e «Ý») así como algunha consoantes que presentan un háček («Ď», «Ň» e «Ť») considéranse como o seu homéografo non acentuado; se dúas palabras defiren nun acento sobre unha vogal, a palabra acentuada colócase despois. «Č», «Ř», «Š» e «Ž» considéranse como letras distintas e sitúanse tras o seu homógrafo sen háček. Ademais, «CH» considérase como unha letra totalmete á parte, colocada entre «H» e «I». En eslovaco, «DZ» e «DŽ» colócanse entre «Ď» e «E».
  • En esperanto, as letras acentuadas («Ĉ», «Ĝ», «Ĥ», «Ĵ», «Ŝ» e «Ŭ») son letras distintas, situadas tras a versión sen acentuar.
  • En romanés, as letras acentuadas («Ă», «Â», «Î», «Ş» e «Ţ») son letras distintas, situadas tras as versións sen acentuar.
  • En tártaro, «ä» considérase como «a», «ö» como «o», «ü» como «u», «í» como «i» e «ı» como «e». «Ş» asóciase a «SH», «Ç» a «CH», «Ñ» «NG» e «Ğ» a «GH».
  • En croata, serbio e outras linguas eslavas do sur, «Č» e «Ć» seguen a «C», «DŽ» e «Đ» a «D», «NJ» a «N», «Š» a «S» e «Ž» pecha o alfabeto.
  • En filipino, «NG» e «Ñ» son letras distintas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns internas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jonathon Green, Chasing the Sun: Dictionary-Makers and the Dictionaries They Made, Henry Holt & Co (1996) - ISBN 0-7126-6216-2
  • Donald Ervin Knuth, The Art of Computer Programming, Volume 3: Sorting and Searching, Addison-Wesley Professional; (1998) - ISBN 0-201-89685-0
  • Michel Foucault, L'Ordre des choses