Koiné

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Historia da
lingua grega

(ver tamén: alfabeto grego)
Protogrego (c. –2000)
Micénico (c. -1600-1100)
Grego antigo (c. –800-300)
Dialectos:
Eolio, Arcadochipriota, Ático,
Dórico, Macedonio, Xónico

Koiné (desde c. -300)
Grego bizantino (c. -3301453)
Grego moderno (desde 1453)
Dialectos:
Capadocio, Chipriota,
Demótico, Griko, Katharevousa,
Póntico, Tsakonio, Ievánico

A koiné (ou κοινή; do grego «[lingua] común»), en senso propio, é unha forma de grego antigo normalizada en época helenística xurdida principalmente do grego xónico-ático e que serviu de lingua común ao principio a Grecia, onde se empregaban varios dialectos, e logo ao mundo antigo, en competencia co latín.

Por extensión, unha koiné é unha lingua vehicular na que se funden diferentes dialectos e falas locais. A koiné pode ser só escrita ou oral. Pode limitarse á literatura (poesía, teatro...), aos textos administrativos, de dereito, etc. Xa que logo, non é posible coñecermos a orixe xeográfica de autores de textos escritos nunha koiné.

Os exemplos máis remarcables de constitución dunha koiné son o grego antigo pero tamén o occitano ou o árabe literal. Unha koiné pode tamén ser unha lingua franca que permite a comunicación entre interlocutores que falen linguas diferentes. Así, hoxe o inglés no mundo dos negocios pode servir de koiné.

A koiné debe ser claramente distinguida do sabir: en efecto, cousa totalmente ausente dun sabir, a koiné é unha lingua completa e a miúdo pensada (de onde a súa capacidade para usos literarios) e non un disparate creado para un simple uso utilitario.

Artigos relacionados[editar | editar a fonte]