Cosmogonía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cosmogonía (do grego κοσμογονία kosmogonía ou κοσμογενία kosmogenía, este derivado de κόσμος kósmos 'mundo' e a raíz γί(γ)νομαι gi(g)nomai / γέγονα gégona, 'nacer') é unha narración mítica que pretende dar resposta á orixe do universo e da propia humanidade.

Xeralmente nela se nos remonta a un momento de preexistencia ou de caos orixinario, no cal o mundo non estaba formado, pois os elementos que terían que constituílo se achaban en desorde; neste sentido, o relato mítico cosmogónico presenta o agrupamento —paulatino ou repentino— destes elementos, nunha linguaxe altamente simbólica, coa participación de elementos divinos que poden posuír ou non atributos antropomórficos (segundo as diferentes culturas).

A cosmogonía pretende establecer unha realidade, axudando a construír activamente a percepción do universo (espazo) e da orixe de deuses, homes e elementos naturais. Á súa vez, permite apreciar a necesidade do ser humano de concibir un orde físico e metafísico que permita conxurar o caos e a incerteza.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rouvière, Jean-Marc (2006): Brèves méditations sur la création du monde. París: L’Harmattan.
  • Soler Gil, Francisco José (ed.) (2005): Dios y las cosmologías modernas. Madrid: BAC. ISBN 978-84-7914-795-2

Outros artigos[editar | editar a fonte]