Nicolao Copérnico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Nicolao Copérnico
Copernicus.jpg
Astrónomo polaco
Datos persoais
Nacemento 19 de febreiro de 1473
Lugar Toruń, Prusia, Alex K Kingdom of Poland-flag.svg Polonia
Falecemento (24 de maio de 1543
(70 anos)
Lugar Frombork, Prusia,
Alex K Kingdom of Poland-flag.svg Polonia
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia
Nacionalidade Polaco
Etnia
Cóncuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo Astronomía, Matemática
Alma mater Universidade de Cracovia
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por Pai da teoría heliocéntrica
Influído por Aristarco de Samos
Influíu en Revolución Científica
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Nicolaus Copernicus signature (podpis Mikołaja Kopernika).svg


Nicolao Copérnico,[1] nado o 19 de febreiro de 1473 en Toruń e falecido o 24 de maio de 1543, foi un astrónomo e matemático que viviu a cabalo dos séculos XV e XVI e que revolucionou a concepción do universo grazas á súa teoría heliocéntrica do Sistema Solar, que desprazou a Terra coma centro do universo,[2] concibida en primeira instancia por Aristarco de Samos. O seu libro de referencia, De Revolutionibus Orbium Coelestium (Sobre as revolucións das esferas celestes), onde expresa a súa débeda coas obras de Azarquiel e al Battani,[3] publicado en 1543, pouco antes da súa morte, adoita ser considerado como o punto inicial ou fundador da astronomía moderna, ademais de ser unha peza crave no que se chamou a Revolución Científica na época do Renacemento. Copérnico pasou preto de vinte e cinco anos traballando no desenvolvemento do seu modelo heliocéntrico do universo. Naquela época resultou difícil que os científicos a aceptasen, xa que supoñía unha auténtica revolución.

Copérnico era matemático, astrónomo, xurista, físico, gobernador, diplomático e economista, estudoso dos clásicos, tradutor e artista.[4] ademais de políglota multilingüe[5] tamén foi clérigo católico e líder militar. Xunto coas súas extensas responsabilidades, a astronomía figuraba como pouco máis ca unha distracción, con todo, foi neste campo no que marcou un fito para a humanidade. Pola súa enorme contribución á astronomía, en 1935 déuselle o nome «Copernicus» a un dos maiores cráteres lunares, situado no Mare Insularum.[6]

Ata Copérnico, a ciencia e a Igrexa consideraban que a Terra estaba no centro do universo. Copérnico revitalizou as antigas teorías sobre o heliocentrismo pero, ademais, realizou as demostracións e cálculos astronómicos que apoiarían esta hipótese. O modelo heliocéntrico é considerado unha das teorías máis importantes na historia da ciencia occidental.

Copérnico é considerado o fundador da astronomía moderna, por canto estableceu as bases que permitirían a Galileo e Isaac Newton culminar a revolución astronómica —ao pasar dun universo xeocéntrico a un cosmos heliocéntrico— e cambiar de forma irreversible a visión do cosmos prevalecente ata entón


Nome[editar | editar a fonte]

Sinatura de Nicolao_Copérnico na elección do bispo Mauricio Ferber
Monumento en Toruń de Friedrich Tieck

Hai documentadas numerosas variantes do nome do astrónomo e os seus familiares.

Durante a infancia, o nome do seu pai rexistrouse en Toruń como Niclas Koppernigk.[7] En Boloña, en 1496, foi rexistrado coma "Nicolaus Kopperlingk de Thorn" e nado como alemán.

Maximilian Curtze, no prefacio da tradución o alemán (1879) de o De revolutionibus, chega á conclusión de que o nome de familia debíase deletrear Koppernigk. O astrónomo latinizárase a Coppernicus, como se pode apreciar en 23 dos 31 documentos estudados e na firma, especialmente nos documentos oficiais.[8]

Ao final da vida, o nome aparece reducido a unha letra pe, e na portada de o De Revolutionibus, Rheticus publicara o nome como Nicolai Copernici.

A forma polaca do seu nome é Mikołaj Kopernik. O apelido significa "cobres, quen traballa o cobre",[9] facendo referencia ao oficio de seu pai.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Familia[editar | editar a fonte]

Casa natal de Copérnico en Toruń, Polonia
O tío de Copérnico Lucas Watzenrode

Nicolás Copérnico naceu nunha casa da rúa Santa Ana (hoxe rúa de Copérnico) na cidade de Toruń (na actualidade en Polonia). Esta cidade, situada na beira do Vístula, desde (1466) era parte da Prusia Real, unha rexión do Reino de Polonia.[10] [11]

Puxéronlle Nicolás, o mesmo nome de seu pai, quen cara ao 1458 trasladouse a Toruń desde Cracovia, entón a capital de Polonia na Pequena Polonia. O pai era un rico comerciante de cobre que se convertería nun respectado cidadán de Toruń. A nai de Nicolás, Barbara Watzenrode, nacera nunha familia de comerciantes ricos, que foi parte da clase patricia da cidade.

Nicolao era o menor de catro irmáns. Seu irmán Andrés chegou a ser cóengo agostiño en Frombork (entón chamada Frauenburg). Súa irmá Bárbara (que levaba o mesmo nome que ca súa nai) fíxose monxa benedictina. E a súa irmá Katharina casou con Barthel Gertner, un empresario e concelleiro da cidade.

En 1483, cando tan soo tiña 10 anos, morreu seu pai, quedando o neno na custodia de seu tío materno, o sacerdote Lucas Watzelrode, quen chegaría a príncipe-bispo de Warnia e que tería unha influencia decisiva en Copérnico.

Copérnico nunca casou nin tivo fillos.

Educación[editar | editar a fonte]

Entre 1491 e 1495, Copérnico, entra na Academia de Cracovia (hoxe en día Universidade de Cracovia) para estudar na Facultade de Artes Liberadas. Nesa época, Polonia atravesaba unha verdadeira idade de ouro cultural e a Universidade de Cracovia gozaba dun gran prestixio en matemáticas e en astronomía. O seu primeiro contacto coa astronomía débese ó astrónomo Alberto Brudzewo quen impartía as súas leccións nesta facultade. Comezou a reunir unha gran biblioteca sobre o tema, que máis adiante sería espoliada coma botín de guerra polos suecos durante o Potop (O Diluvio)[12], e, por iso, agora atópase en Uppsala, na biblioteca da Universidade. Durante esta época estudantil, latiniza o seu nome como Nicolaus Copernicus.

Grazas ás influencias do seu tío Copérnico é nomeado cóengo do capítulo de Warnia en 1495, polo que ten que abandonar Cracovia e instalarse en Frombork. Non obstante, axiña retoma os seus estudos e marcha a Bolonia, onde ingresa na súa famosa Escola de Xuristas. Nesta escola estuda Dereito Canónico. Ademais continúa ampliando os seus coñecementos sobre astronomía grazas ás leccións de Doménico María de Novara.

O 9 de marzo de 1497 Copérnico observa o tránsito da Lúa sobre a estrela Aldebarán da constelación de Tauro. Grazas a esta observación, Copérnico puido constatar que a teoría astronómica de Ptolomeo, entón dominante, estaba errada. Mediante o cálculo da paralaxe lunar puido determinar que a distancia entre a Terra e a Lúa era a mesma durante os cuartos (minguante e crecente) que durante o plenilunio, en contra do sostido pola teoría ptolomeica.

Copérnico con plantas medicinais

Copérnico comezou entón un estudo sistemático dos astrónomos clásicos dende Aristóteles. Axiña se interesou naqueles que refutaban o xeocentrismo de Ptolomeo como Aristarco de Samos, quen xa no 270 a. C. afirmou que o Sol era o centro do universo. Tamén leu a Filalo, Heríclides, Ecfanto, Jabir de Sevilla, Nicolao Oresmes, Nicolao de Cusa, Georg von Peuerbach, Johan Müller (alcumado Regiomontano), etc.

En 1500 doutórase en Astronomía en Roma mentres continúa os seus estudos de Dereito Canónico en Padua. Finalmente, doutorase en Dereito Canónico en Ferrara en 1503. Ese mesmo ano regresa a Polonia, concretamente a Lidzbark, para ser o asesor e o médico persoal de seu tío.

Traballos astronómicos: De revolutionibus[editar | editar a fonte]

En 1507 redacta os Commentariolus (Nicolai Copernici de hipothesibus motum coelestium a se constitutis commentariolus) na que expón sumariamente a súa teoría heliocéntrica. Sen embargo, os Commentariolus carecían da armazón matemática e das observacións necesarias para demostrar as súas teorías heliocéntricas. A este empeño consagrou a súa vida Copérnico.

A primeira obra publicada de Copérnico é, non obstante, unha tradución do latín das Cartas de Ética de Teofilatos de Simocrata, un filósofo que escribiu durante o século VII en Bizancio.

En 1512, trala morte do seu tío, ten que asumir o seu cargo canónico o cal o obriga a mudarse de novo a Frombrock. Ó longo dese ano realiza as minuciosas observacións de Marte que o levan a corrixir os seus Commentariolus.

Aínda que Copérnico se negaba sistematicamente a dar publicidade ás súas teorías sobre o universo, o seu prestixio coma astrónomo era moi grande polo cal é chamado a participar no Concilio de Letrán para tratar sobre a reforma do calendario.

Durante 1517, no castelo de Olsztyn Copérnico redacta a súa Táboa Solar que estaría na base da demostración das súas ideas sobre o Sol.

Ademais de cóengo e astrónomo, Copérnico tamén era un líder político e militar. De feito, durante 1520 liderou a loita dos vilegos de Olsztyn contra os cabaleiros teutóns.

Sistema copernicano.

Tamén durante 1520 comeza a redactar De Revolutionibus, a súa obra cumio. Con todo, Copérnico, consciente das polémicas que ían espertar a súa revolucionaria concepción do universo, resistiuse a dar ó prelo este libro. Antes, en 1529 editou De octava sphaera (tamén coñecida como Carta a Wapowski, por ir dirixida ó seu amigo Bernard Wapowski) onde critica as teorías astronómicas contidas no libro Do movemento da oitava esfera de Xoan Werner de Nuremberg. Anos máis tarde, Copérnico está a piques de publicar un almanaque do sistema solar calculado a partir das táboas astronómicas nas que se baseaba De revolutionibus, pero a morte do seu editor, Bernard Wapowski, provoca a cancelación da publicación e que o almanaque se perda para sempre.

A azarosa publicación de De revolutionibus[editar | editar a fonte]

De Revolutionibus

A chegada a Frombork en 1539 do astrónomo Georg Joachim de Porris, máis coñecido por Rheticus, axudou a Copérnico a perfeccionar De revolutionibus. Rheticus traduce para Copérnico o Almagesto de Ptolomeo e o De triangulis omnimodis de Regiomontano, obras que deixarían unha importante pegada en De revolutionibus. Ademais, en 1540, Rheticus escribe De libris revolutionum Nicolai Copernici narratio prima, unha extensa compilación das descubertas de Copérnico. Pero en 1541 Rheticus debe regresar a Wittenberg onde é profesor. Con todo, en 1542, Rheticus viaxa a Nuremberg para imprimir De revolutionibus. Lamentablemente debe abandonar a cidade antes de que a impresión estea rematada. O manuscrito de Copérnico caeu nas mans do editor Andrés Osiander, quen publicará De revolutionibus orbium coelestium, introducindo no texto orixinal unha serie de modificacións debidas á súa fe luterana. En marzo de 1543 este libro ve a luz. Non se sabe se Copérnico chegou a velo antes do seu pasamento o 24 de maio de 1543. A lenda di que o recibiu a mesma mañá da súa morte.

A recepción das teorías de Copérnico durante o século XVI[editar | editar a fonte]

Estatua diante da (Academia de Ciencias de Polonia)

Xa en vida Copérnico temeu que a súa teoría heliocéntrica fose mal recibida. Por iso, durante moitos anos negouse a publicar de forma completa os seus estudos. Só o fixo animado polos amigos e grazas, sobre todo, ó labor de Rheticus.

Os primeiros en opoñérense á revolución copernicana foron os protestantes. Lutero rexeitou o heliocentrismo por ser contrario á Biblia. En realidade, o heliocentrismo enfrontábase a unha tradición xeocentrista moi longa e remota e resultaba moi difícil cambiar as mentalidades.

Curiosamente, a Igrexa Católica mantivo durante os primeiros anos unha tímida aceptación dos postulados copernicanos. Por exemplo, Copérnico é invitado a participar nas discusións para a modificación do calendario durante o Concilio de Letrán. Ademais, o dominico Nicolao Schonberg, cardeal e procurador xeneral da orde de Santo Domingo, alentou a Copérnico para que publicase as súas investigacións nunha famosa carta. Non obstante, a tradición escolástica puido finalmente e o Papado mantivo na lista de libros prohibidos o De revolutionibus dende 1616 ata 1835.

É ben sabido que a posición dos luteranos e dos católicos ás teorías heliocéntricas expostas por Copérnico baséanse nun pasaxe da Biblia, concretamente do Eclesiastés, en que Xosué ordena ó Sol que se deteña o cal só sería posible se o Sol xirase en torno á Terra e non o revés.

De revolutionibus resultou ser finalmente un extenso e complexo libro formado por seis volumes, dedicados na súa meirande parte a demostrar a teoría que expón no primeiro destes volumes. Basicamente, as ideas de Copérnico consistían en afirmar que a Terra xira sobre si mesma e en torno ó Sol. Esta idea estendeuna ó resto dos planetas coñecidos do Sistema Solar co cal conseguiu explicar o aparente movemento retrógrado de Marte, Xúpiter e Saturno (debido a que os vemos dende a Terra e que están máis afastados ca nós do Sol)

Copérnico tamén sostivo que o eixo de rotación da Terra está inclinado respecto ó plano da súa órbita arredor do Sol.

Porén, o maior inconveniente do sistema copernicano era que aínda mantiña as órbitas circulares de Ptolomeo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome segundo a EGU
  2. Un matemático grego, Aristarco de Samos, elaborou unha hipótese heliocéntrica xa no século III a.C. Con todo, hai poucas probas de que se desenvolveran as súas ideas máis aló dun esquema moi básico (Dreyer, 1953,pp. 135–48, Linton, 2004, p. 39).
  3. A. Zahoor. "AbuIshaq Ibrahim ibn Yahyà al-Zarqalí (Arzachel) (1028 - 1087 C.E.)" (en inglés). http://www.unhas.ac.id/rhiza/arsip/saintis/zarqali.html. Consultado o 11/11/2013.
  4. Un autorretrato axudou a confirmar a identidade do seu cranio, cando se descubriu na Catedral de Frombork en 2008.
  5. Usaba o latín e o alemá, sabía grego para traducir a prosa latina dos versos do poeta bizantino do século VII Teofilacto Simocatta (Armitage, O mundo de Copérnico, pp. 75 - 77), e "hai bastantes probas que sabía polaco" (Norman Davies, God's Playground , vol. II, p. 26). Durante os seus anos de estudos en Italia, Copérnico, presumiblemente, tamén aprendeu italiano. O profesor Stefan Melkowski da Universidade Nicolaus Copernicus de Torun afirma que Copérnico falaba tanto polaco coma alemán. ("O historii io współczesności"'' ("sobre a historia e a contemporaneidade"), maio de 2003)
  6. Ficha do cráter lunar «Copernicus», Gazeteer of Planetary Nomenclature Enlace consultado o 4 de xullo de 2009.
  7. Existen documentos da cidade de Thorn mencionándoo coma Niclas Koppernigk ao redor de 1480. Véxase Nicolaus Copernicus Gesamtausgabe:Urkunden, Akten und Nachrichten: Texte und Übersetzungen, ISBN 3-05-003009-7, páxina 23 (online) ou Marian Biskup:Regesta copernicana (calendari dels documents de Copèrnic), (Ossolineum, 1973, páxina 32online)[1].
  8. Maximilià Curtze.Ueber die Orthographie des Namens Coppernicus, de 1879, en alemán.
  9. Melkowski, Stefan (May 2003). "O historii i o współczesności" (en Polaco). http://glos.uni.torun.pl/2003/05/historia/. Consultado o 12/11/2013.
  10. Barbara Bieńkowska, O mundo científico de Copérnico: Con motivo do 500 aniversario do seu nacemento, 1473-1973, 1973, p. 137: "O seu país foi o da antiga provincia da Prusia Real, composta pola súa Toru natal e Warmia, ambos formando parte do estado polaco desde 1454 ."
  11. Jean W. Sedlar (1994). "East Central Europe in the Middle Ages, 1000-1500" (en inglés). pp. 281-82. http://books.google.ie/books?id=ANdbpi1WAIQC&pg=PA282&lpg=PA282&dq=royal-prussia&source=web&ots=tPM6sVA1CM&sig=Of4b4nKAgNiEW3jOopzXCso3nn4&hl=en#v=onepage&q=royal-prussia&f=false. Consultado o 12/11/2013. ""Os propios prusianos consideran o seu territorio unido a Polonia só a través da persoa do rei .... As diferenzas sociais e étnicas reforzan esta separación.""
  12. Potot ou Delug en polaco significa diluvio e é o nome co que se coñece a unha serie de guerras acontecidas en Polonia durante o século XVII.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Nicolao Copérnico

Bibliografía[editar | editar a fonte]