Dieter Baumann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cadro de medallas
Atletismo masculino
Dieter Baumann, 2006 en Tübingen
Xogos Olímpicos
Ouro Barcelona 1992 5.000 m
Prata Seúl 1992 5.000 m
Campionato de Europa de Atletismo
Ouro Helsinqui 1994 5.000 m
Prata Budapest 1994 10.000 m
Prata Múnic 2002 10.000 m

Dieter Baumann, nado en Blaubeuren o 9 de febreiro de 1965, é un ex-atleta alemán, campión olímpico dos 5.000 m nos Xogos Olímpicos de Barcelona.

Nacido na entón Alemaña Occidental, Baumann foi un dos poucos atletas non africanos capaces de desafiar a supremacía de África nas probas de longa e media-distancia nos anos 90, participando e vencendo competicións nos 1500 m e nos 5000 m.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Após un segundo lugar no Campionato Europeo de Atletismo Indoor en 1987, os analistas non acreditaban que Baumann tivese posibilidades de medalla nos Xogos Olímpicos de Seúl 88. A proba dos 5.000 m en Seúl foi dominada polo queniano John Ngugi, que venceu con grande diferenza para o resto dos competidores. Entre tanto, a velocidade mostrada por Baumann en probas máis curtas como os 1.500 m fixo que conseguise a medalla de prata nunha arrancada final na última volta da proba.

Con problemas no tendón non participou das dúas temporadas seguintes, volvendo en 1991 no Campionato do Mundo de Atletismo, realizado en Toquio, conseguindo un cuarto lugar nos 5.000 m. Na fin da tempada, cando derrotou o campión mundial Yobes Ondieki –primeiro home no mundo en correr os 10.000 m por debaixo dos 27 minutos– nos 3.000 m no Grand Premio de Colonia, Baumann viu creceren as súas probabilidades de conseguir unha medalla en Barcelona.

No comezo de 1992 perdeu por décimas de segundos a oportunidade de bater o record mundial indoor dos 3.000 m, mais en xuño, pouco antes dos Xogos, bateu o recorde alemán para os 5.000 m en Sevilla, durante a preparación para as Olimpíadas.

A final da proba dos 5.000 m en Barcelona 92 é lembrada como a carreira dun alemán branco contra un grupo de africanos negros. A proba decorreu nun ritmo lento, o que favorecía a capacidade de arrancada final de Baumann. Na última volta, era el contra seis africanos no primeiro grupo de corredores. Namentres, na recta oposta da última volta Baumann encontrábase preso xunto a liña do campo cercado nunha caixa humana formada por catro africanos que bloqueaban o seu paso e só conseguiu saír para dentro da pista na metade da recta final. Libre, Baumann comezou un pique devastador, pasando cada un dos africanos á súa fronte, marroquís e quenianos, para conquistar practicamente en cima da liña a medalla de ouro dos 5.000 m, a primeira dun atleta europeo desde 1980.|foto da chegada (Até 2006 Dieter Baumann é o único atleta non-africano en vencer os 5.000 m nos Xogos Olímpicos dende 1980).

Campión europeo dos 5.000 m o ano seguinte, Baumann participou no Campionato Mundial de Atletismo de Gotemburgo en 1995 sen conseguir unha participación especial, mais logo despois do campionato viría a conquistar un dos mellores resultados da súa carreira no Grand Prix de Zürich, batendo novamente o recorde alemán con 13:01 nos 5.000 m, unha das mellores marcas do mundo na época, só superado polo fabuloso “Emperadoretíope, Haile Gebrselassie.

Nos Xogos de Atlanta, Baumann non estaba no auxe da súa forma e non estaba en condicións de superar o desafío dos campións africanos, e mesmo así conquistou un cuarto lugar na final dos 5.000 m. Nos anos seguintes aínda sería capaz de realizar mais unha proeza, ao se tornar o primeiro corredor europeo en correr os 5.000 m por debaixo dos 13 m, ao vencer o Grand Prix de Zürich en 12m54s70, en 1997.

Baumann deu positivo para o anabolizante nandrolona –nun episodio pouco esclarecido, ao que consta é que a nandrolona foi encontrada como compoñente da pasta de dentes de Baumann que a tería inxerido involuntariamente- durante a tempada de 1999 e, suspenso por dous anos pola IAAF que non aceptou a alegación, foi obrigado a ficar fora dos Xogos Olímpicos de Sidney en 2000.

Baumann aínda volvería ás competicións en 2002, conquistando a medalla de prata nos 10.000 m do Campionato europeo en Múnic, abandonando as carreiras o ano seguinte.