Campionato do Mundo de Atletismo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Campionato do Mundo de Atletismo é unha competición deportiva de atletismo de carácter internacional organizada pola Federación Internacional de Atletismo (IAAF) dende 1983. Nun principio disputábase cada catro anos, pero debido á grande importancia mediática e económica que tiña a competición, a partir da terceira edición, en 1991, pasa a se desputar cada dous anos.