Vénuste Niyongabo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVénuste Niyongabo
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1973 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Vugizo, Burundi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBurundi Editar o valor em Wikidata
Altura176 cm Editar o valor em Wikidata
Peso60 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta , fondista , mediofondista Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivacorrida de meia-distância (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
2000Xogos Olímpicos de 2000
1996Xogos Olímpicos de 1996 Editar o valor em Wikidata

IAAF: 14177785 Olympic.org: venuste-niyongabo Editar o valor em Wikidata
Cadro de medallas
Atletismo masculino
Xogos Olímpicos
Ouro Atlanta 1996 5.000 m
Campionato do Mundo de Atletismo
Bronce Gotemburgo 1995 1.500 m

Vénuste Niyongabo nado o 9 de decembro de 1973 na cidade de Vugizo no Burundi, é un atleta burundiano especialista en probas de media distancia. En 1996, convertíase no primeiro campión Olímpico dese país gañando os 5.000 metros nos Xogos Olímpicos de Atlanta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Vugino, localidade sita ao sur de Burundi, pertencente á etnia tutsi. Deuse a coñecer en 1992 cando foi 2º nos 1500 metros dos mundiais júnior celebrados en Seúl, tralo queniano Atoi Boru.

A súa primeira gran competición a nivel absoluto foi no Campionato do Mundo de Atletismo de 1993 en Stuttgart, onde foi eliminado nas semifinais de 1500 m.

Nos anos seguintes foi un dos mellores corredores de 1500 m do mundo, gañando a maioría de carreiras que disputou. En 1994 e 1995 acabou segundo no ranking mundial do ano nesa proba, só por detrás do alxeriano Noureddine Morcelli. No Campionato do Mundo de Atletismo de 1995 en Gotemburgo gañou a medalla de bronce, tras Morceli e o marroquí Hicham El Guerrouj.

Nos Xogos de Atlanta 1996 partía como un dos favoritos para gañar o ouro nos 1500 metros. Porén nun acto de xenerosidade, decidiu ceder a súa praza nesta proba ao seu compatriota Dieudonné Kwizera, que non puidera participar nos Xogos de 1988 e 1992 debido a que nesa época Burundi aínda non contaba cun Comité Olímpico Nacional. Ademais Kwizera só estaba en Atlanta como adestrador. Deste xeito Niyongabo inscribiuse na proba dos 5000 metros, que só correra anteriormente en dúas ocasións.

Pese a todo Niyongabo deu a gran sorpresa e acabou gañando a medalla de ouro grazas ao seu prodixioso sprint final con 13:07,96 por diante de Paul Bitok (prata con 13:08,16) e do marroquí Khalid Boulami (bronce con 13:08,37). Era a primeira, e até hoxe única, medalla olímpica na historia de Burundi.

Despois dos Xogos a súa carreira viuse afectada polas lesións, e nunca volveu recuperar o nivel exhibido anteriormente. Intentou defender o seu título olímpico na Olimpíada de Sidney, pero fallou estrepitosamente, acabando 15º na súa semifinal.

Ese mesmo ano retirouse do atletismo. Na actualidade (2005) traballa para a compañía de roupa deportiva Nike.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]