Millon Wolde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Millon Wolde
Nacemento17 de marzo de 1979
Lugar de nacementoAdís Abeba
NacionalidadeEtiopía
Ocupaciónfondista e atleta
Na rede
IAAF: 14181701 Olympic.org: millon-wolde Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Cadro de medallas
Atletismo masculino
Xogos Olímpicos
Ouro Sidney 2000 5.000 m
Campionato do Mundo de Atletismo
Prata Edmonton 2002 5.000 m

Millon Wolde, nado en Adís Abeba o 17 de marzo de 1979, é un atleta etíope, campión olímpico dos 5.000 metros nos Xogos Olímpicos de Sidney.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con tan só 17 anos participou en 1996 nos Mundiais Júnior de Sidney, onde acabou 6º na proba de 3.000 m valados. Ese ano tamén foi 8º no Campionato do Mundo Júnior de cross-country disputado en Cape Town, Suráfrica.

Nos seguintes Mundiais Júnior, celebrados en 1998 en Annecy, Francia, gañou o ouro nos 5.000 metros. Tamén ese ano se proclamou campión do mundo júnior de cross-country en Marrakech, sobre unha distancia de 8 km.

O seu primeiro grande éxito na categoría sénior foi a medalla de bronce dos 3.000 metros nos Mundiais en pista cuberta de Maebashi 1999. Nos mundiais ao aire libre de Sevilla dese mesmo ano, acabou 8º nos 5.000 m.

O maior éxito da súa carreira deportiva foi a medalla de ouro dos 5.000 metros nos Xogos Olímpicos de Sidney, con só 22 anos. A priori non estaba entre os grandes favoritos, pero beneficiouse dun ritmo de carreira infrecuentemente lento, que lle permitiu chegar cos líderes á derradeira volta. 200 metros antes da meta lanzou o seu ataque definitivo e gañou con 13:35,49, no que sería a final máis lenta dende os Xogos Olímpicos de México. A medalla de prata foi para o alxeriano Ali Saidi-Sief e o bronce para o marroquí Brahim Lahlafi.

Nos Mundiais de Edmonton 2001, gañou a medalla de bronce tralo queniano Richard Limo e o alxerino Ali Saidi-Sief.

Despois non volveu participar en grandes competicións nin a conseguir resultados destacábeis.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]