John Ngugi
| Cadro de medallas | |||
|---|---|---|---|
| Atletismo masculino | |||
| Xogos Olímpicos | |||
| Ouro | Seúl 1980 | 5.000 m | |
John Ngugi (10 de maio de 1962 en Nyahururu, Quenia) é un corredor queniano de longa distancia que foi campión olímpico dos 5.000 metros nos Xogos Olímpicos de Seúl.
Ngugi deuse a coñecer a mediados dos anos 80 nas probas de cross-country, especialidade na que conseguiu cinco títulos de campión do mundo, catro deles consecutivos (1986-1989 e 1992). Isto é algo que ninguén conseguira antes.
Na pista, participou nos Campionatos do Mundo de Roma de 1987 na proba de 5.000 metros. Tras gañar comodamente a súa serie clasificadora, semellaba un dos candidatos a medalla, pero acabou nunha decepcionante 12ª posición.
Nos Xogos Olímpicos de Seúl gañou a medalla de ouro nos 5.000 metros, despois de correr en solitario case toda a proba. A súa marca de 13:11,70 foi a mellor do mundo ese ano. Segundo foi o alemán occidental Dieter Baumann (13:15,52) e terceiro o alemán oriental Hansjörg Kunze (13:15,73).
Nos Xogos da Commonwealth de Auckland en 1990, Ngugi gañou a medalla de prata nos 5.000 metros, véndose superado no sprint final polp case descoñecido australiano Andrew Lloyd, que lle venceu por só oito centésimas. Esta foi a súa derradeira competición importante antes da súa retirada.
En 1993 rexeitou pasar un [[control antidopaxe] por sorpresa, e por iso recibiu dous anos de suspensión, o que supuxo o final da súa carreira deportiva.
|
|||||||||