Robert Schul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cadro de medallas
Atletismo masculino
Xogos Olímpicos
Ouro Toquio 1964 5.000 m

Robert "Bob" Schul - (28 de setembro de 1937 en West Milton, Ohio (Estados Unidos). Atleta retirado dos Estados Unidos especialista en probas de longa distancia que foi campión olímpico dos 5.000 metros nos Xogos Olímpicos de Toquio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Schul, naceu e creceu nunha granxa de West Milton, Ohio, empezou a correr no instituto. Os seus resultados durante a súa estancia na Universidade de Miami non foron destacados. En 1959 uniuse ás forzas aéreas onde continuou adestrando. En 1961 coñeceu ao adestrador húngaro Mihaly Igloi. Baixo a tutela de Igloi finalizou terceiro no Campionato nacional de 3.000 m valados. Debido a diversas lesións a súa explosión non chegou ata 1964.

En 1964 bateu o record de Estados Unidos de 5.000 m, e o record mundial das 2 millas cun tempo de 8:26.4 (o 29 de agosto). Logrou clasificarse para os Xogos Olímpicos de Toquio. Na capital nipoa, Schul disputou a final dos 5.000 m baixo unha intensa chuvia. Na última volta o francés Michel Jazy parecía encamiñarse deica o ouro, pero Schul foi recortando a distancia até superar a Jazy a falta de 50 m e lograr o ouro. Tralos Xogos, Schul acadaría en 1965 o título nacional das 3 millas pero xa nunca máis alcanzaría o nivel de 1964.