Paavo Nurmi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Olympic flag.svg
Paavo Nurmi
Atletismo masculino
Ouro 1920 10.000m
Ouro 1920 8.000m cross country
Ouro 1920 8.000m cross country por equipos
Ouro 1924 1.500m
Ouro 1924 5.000m
Ouro 1924 5.000m cross country
Ouro 1924 5.000m cross country por equipos
Ouro 1924 3.000m por equipos
Ouro 1928 10.000m
Prata 1920 5.000m
Prata 1928 5.000m
Prata 1928 3.000m valos

Paavo Nurmi, nado en Turku o 13 de xuño de 1897 e finado en Helsinki o 2 de outubro de 1973, foi un atleta finés. Durante a década dos anos vinte, Nurmi foi considerado como o mellor fondista e mediofondista do mundo, establecendo marcas mundiais en distancias que ían entre os 1500 m e os 20 km.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nurmi obtivo un total de nove medallas de ouro en Xogos Olímpicos entre 1920 e 1928. En 1932 non puido competir, xa que recibía cartos por correr, polo que foi considerado como profesional. Nos XX.OO. de 1920, Nurmi obtivo tres preseas douradas: os 10.000 metros, o cross country e o cross country por equipos. Finalizou segundo na carreira polos 5.000.

En 1924 ganou 5 medallas de ouro, nos 1.500 metros, os 5.000 (con 26 minutos de diferenza entre ambas carreiras), os 3.000 metros por equipos, e novamente ambos cross country. Foi a derradeira vez que aqueles se disputaron, xa que a calor ocasionaba que a maior parte dos corredores abandonaran a carreira e incluso algúns deberon ser levados ó hospital.

Os derradeiros xogos de Nurmi foron os de 1928, onde obtivo ouro nos 10.000 metros e prata nos 5.000 e nos 3.000 metros valos. Continuou correndo despois dos xogos de Amsterdam, pero foille impedido participar en Los Angeles '32 por ter recibido cartos por correr. Considerado un heroe nacional polos seus compatriotas, Nurmi foi o encargado de acender a chama olímpica nos xogos de Helsinki '52. Despois do seu retiro do atletismo, abriu unha tenda na capital finesa. Finou en 1973 e se lle deu un funeral de estado. Cun total de 9 medallas de ouro e 3 de prata, Nurmi é o atleta olímpico máis exitoso até hoxe.