Crux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Crux
Crux
Nome latino Crux
Abreviatura Cru
Xenitivo Crucis
Simboloxía A Cruz do Sur
Ascensión recta 12 h
Declinación −60°
Área 68 graos cadrados

Rango 88º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

4
Estrela máis brillante Acrux (α Cru)

(magnitude ap. 0.87)

Choiva de meteoros
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +20° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Maio

Crux, a cruz, normalmente chamada a Cruz do Sur (en contraste coa Cruz do Norte), é a constelación máis pequena (por área) das 88 constelacións modernas, pero tamén é unha das máis famosas.

Pode ser moi útil para a orientación: Se se estende o seu eixe principal da cruz unhas cinco veces, acadase o polo sur no ceo.

A Cruz do Sur está rodeada sobre tres dos seus lados pola constelación Centaurus, mentres que o sur fica a Mosca (Musca). Os Gregos antigos creárona coma parte de Centaurus, pero foi definida como un patrón estelar independente no século XVI, despois da expedición de Américo Vespucio a Suramérica no 1501. Vespucio debuxou un mapa das dúas estrelas, Alpha Centauri e Beta Centauri, así coma das estrelas da Cruz. Aínda que os Gregos antigos coñecían estas estrelas, a precesión gradual foinas poñendo por debaixo horizonte europeo de modo que foron esquecidas.

Estrelas principais[editar | editar a fonte]

Obxectos notables do espazo profundo[editar | editar a fonte]

Bandeiras e símbolos que incorporan a Crux[editar | editar a fonte]

As cinco estrelas máis brillantes de Crux (α, β, γ, δ, e ε Crucis) aparecen nas bandeiras de Australia, Brasil, Nova Zelandia (epsilon omitida), Papúa Nova Guinea, e Samoa, tamén nas bandeiras dos estados e territorios de Victoria, Territorio da Capital Australiana (ACT), Territorio Norte (NT), así coma na bandeira da rexión de Magallanes de Chile, e en moitas bandeiras e emblemas das provincias da Arxentina. A bandeira da zona comercial Mercosur amosa catro destas estrelas (epsilon omitida). Crux tamén aparece no escudo de Brasil. As cinco estrelas tamén están no escudo no equipo de fútbol brasileiro do Cruceiro. Tamén aparece a Crux en varias divisións do exercito estadounidense destinadas no hemisferio sur (sobre todo no pacífico sur).

A Cruz do sur en bandeiras, brasóns e escudos de armas.
Imaxe CTX de crux.

Outros nomes para Crux[editar | editar a fonte]

Crux é claramente visible enriba da aurora austral nesta fotografía tomada dende Dunedin, Nova Zelandia. A xigante vermella Gacrux é claramente doutra cor respecto das outras tres principais estrelas, que son azuis.
  • Na antiga astroloxía Hindú, Crux facía referencia a "trishanku".
  • O nome Maori para Crux é "Te Punga" - " áncora". Pensase que fai referencia á áncora da canoa de Tama-rereti (a Vía Láctea), onde os punteiros fan do cabo da áncora.
  • En Tonga é coñecida coma Toloa — parrulo, onde este pato voa cara ó sur cunha das súas ás (δ) ferida por que Ongo tangata — dous homes — α e Β Centauri lle lanzaran unha pedra. A nebulosa saco de carbón é coñecida coma Humupeixe-gatillo (Balistoides viridescens), pola forma da súa figura.[1]
  • Entre os Tuaregs, As catro estrelas máis visibles da Crux son coñecidas coma iggaren, ex. catro árbores Maerua crassifolia.
  • En Indonesia e Malasia, é coñecida coma Buruj Pari (Pastinaca, peixe semellante a unha manta.).
  • En Mapudungun ou mapuche, a lingua dos Mapuches, a Crux é nomeada coma Melipal, que significa "catro estrelas".
  • En Quechua, o idioma da civilización Inca, Crux é coñecida coma "Chakana" (Cruz en Inca).[2].

A Crux nas culturas amerindias[editar | editar a fonte]

Varias culturas de América do Sur[3] consideraron a esta constelación coma un símbolo. Por exemplo, os mapuches situados no sur de Suramérica considerábana una representación do choike (especie de avestruz cativo), animal sagrado nas súas crenzas.

Na Patagonia setentrional, cara ó século XVI e XVII, imaxinábanse ca Vía Láctea era a representación dun campo de caza de ñandúes, onde os cazadores utilizaban boleadoras representadas polo "punteiro" (α e β centauri) mentres cás Nubes de Magallanes representaban os corpos dos animais cazados e as Pléiades (coñecida na rexión coma "os sete cabritiños") eran o niño do ñandú.

Para os mocovíes, na rexión chaqueña, o punteiro e a súas estrelas próximas representaban dous cans de caza e a a cruz do sur o corpo central do ñandú atacado, mentres que as restantes estrelas preto da cruz completaban a figura do animal.

Para os bororó, no Brasil, a cruz era parte dun constelación que representaba a un avestruz, sendo a propia cruz unha das dúas patas do mesmo.

Crux.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kik Velt; Stars over Tonga
  2. Chakana: Inca Cross
  3. http://www.cienciahoy.org.ar/hoy40/choike.htm Néstor Camino Departamento de Física Universidad Nacional de la Patagonia, en Revista Ciencia Hoy, Argentina, Siguiendo los rastros del Choike, V7 - Nº40 - 1997.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Crux

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

As 88 constelacións modernas
Andrómeda · Antlia · Apus · Aquarius · Aquila · Ara · Aries · Auriga · Boötes · Caelum · Camelopardalis · Cáncer · Canes Venatici · Canis Major · Canis Minor · Capricornus · Carina · Cassiopeia · Centaurus · Cepheus · Cetus · Chamaeleon · Circinus · Columba · Coma Berenices · Corona Australis · Corona Borealis · Corvus · Crater · Crux · Cygnus · Delphinus · Dorado · Draco · Equuleus · Eridanus · Fornax · Gemini · Grus · Hércules · Horologium · Hydra · Hydrus · Indus · Lacerta · Leo Minor · Leo · Lepus · Libra · Lupus · Lynx · Lyra · Mensa · Microscopium · Monoceros · Musca · Norma · Octans · Ophiuchus · Orión · Pavo · Pegasus · Perseus · Phoenix · Pictor · Pisces · Piscis Austrinus · Puppis · Pyxis · Reticulum · Sagitta · Sagittarius · Scorpius · Sculptor · Scutum · Serpens · Sextans · Taurus · Telescopium · Triangulum Australe · Triangulum · Tucana · Ursa Major · Ursa Minor · Vela · Virgo · Volans · Vulpecula