Camelopardalis
| Camelopardalis | |
|---|---|
| Nome Latino | Camelopardalis |
| Abreviatura | Cam |
| Xenitivo | Camelopardalis |
| Simboloxía | A Xirafa |
| Ascensión Recta | 6 h |
| Declinación | +70° |
| Área | 757 graos cadrados
Rango 18° |
| Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
| Estrela máis brillante | β Cam
(magnitude ap. 4.03) |
| Choiva de meteoros |
Ningunha |
| Constelacións
colindantes |
|
| Visible en latitudes entre +90° e −10°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Febreiro |
|
Camelopardalis, a xirafa, é unha gran constelación do hemisferio norte celeste moi pouco conspicua, pois as súas estrelas máis brillantes (sete) son tan só de magnitude 5. Está situada entre as constelacións de Auriga e as dúas Osas. O nome de Camelopardalis provén de "camelo-leopardo", nome que lle puxeron os gregos á xirafa, xa que pensaban que tiña a cabeza dun camelo e as manchas dun leopardo.
Foi inserida coma constelación por Petrus Plancius e publicada por Jakob Bartsch no 1624 no seu libro sobre as constelacións.
Índice |
[editar] Estrelas principais
- α Camelopardalis, distante superxigante azul de magnitude 4,26 que pode estar asociada ó cúmulo NGC 1502.
- β Camelopardalis, superxigante amarela de magnitude 4,03, a estrela máis brillante da constelación.
- Z Camelopardalis, estrela variable cataclísmica que entra en erupción cada dúas ou tres semanas; o seu brillo oscila entre un máximo de 10,0 e un mínimo de 14,50. É o prototipo dunha subclase de variables dentro das novas ananas.
- BD Camelopardalis, estrela do raro tipo espectral S e variable irregular onde o seu brillo oscila entre magnitude 5,04 e 5,17.
- BE Camelopardalis, xigante vermella brillante e variable irregular cun brillo que flutúa entre magnitude 4,35 e 4,48.
- CS Camelopardalis, estrela binaria a uns 4300 anos luz e variable Alfa Cygni. De brillo variable entre magnitude 4,19 e 4,23 é a segunda estrela máis brillante da constelación aínda que carece de denominación de Bayer.
- VZ Camelopardalis, xigante vermella e variable irregular; o seu brillo oscila entre magnitude 4,8 e 4,96.
- Stein 2051 (GJ 169.1), estrela binaria formada por unha anana vermella e unha anana branca a 18 anos luz da Terra.
[editar] Obxectos Notables do espazo profundo
- NGC 2403. AR: 07h 36m 54.0s Dec: +65°36'00" (Época 2000). É unha das galaxias espirais máis próximas á Vía Láctea excluíndo ás do Grupo Local.
- NGC 1502. AR: 04h 07m 42.0s Dec: +62°20'00" (Época 2000). Cúmulo aberto entre α Camelopardalis e β Camelopardalis.
- NGC 2523. AR: 07h 36m 54.0s Dec: +65°36'00" (Época 2000) Galaxia espiral feble, de magnitude 13.
- Fervenza de Kemble. Cúmulo de estrelas de oitava magnitude.
- NGC 1501. AR: 04h 07m 00.0s Dec: +60°55'00" (Época 2000). Nebulosa planetaria feble cun disco irregular.
- IC 3568, nebulosa planetaria de magnitude 10,6 con forma case esférica.
[editar] Historia
Camelopardalis non posúe mitoloxía asociada ás súas estrelas, tratase pois dunha constelación moderna. A pouca vistosidade da constelación, e que estea preto da constelación de Lynx, levou os gregos a considerar esta área do firmamento coma bacía, e deste xeito véndoa coma un deserto.
Porén, coma deserto, xunto con outras propiedades no Zodíaco no signo de Xémini (p.e. a Vía Láctea, e as constelacións Gemini, Orión, Auriga, e Canis Major), poderían se-la orixe do mito do gando (ou rabaño) de Geryon, que forma parte das Doce Tarefas de Herakles.
[editar] Visualización Gráfica
As estrelas da constelación Camelopardalis poden ser conectadas dun xeito máis completo, no cal amosa graficamente unha xirafa.
O corpo da xirafa consiste nun cuadrángulo de estrelas α Cam, β Cam, BE Cam, e γ Cam: α Cam e β Cam son de cuarta magnitude.
As estrelas HD 42818 (HR 2209) e M Cam forma a cabeza da xirafa, e as estrelas M Cam e α Cam forman o longo pescozo da xirafa.
As estrelas β Cam e 7 Cam forman a perna de diante, e as estrelas variables BE Cam e CS Cam forman a perna traseira da xirafa.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- The Deep Photographic Guide to the Constellations: Camelopardalis (en inglés)
- Star Tales – Camelopardalis (en inglés)
| As 88 constelacións modernas |
| Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula |